
Moitos veciños da vila fanse a mesma pregunta ¿por qué non temos PXOM?, ¿por qué despois de tanto fixar datas o PXOM non ven nin aparece?.
Parece increible pero levamos dende o ano 1994 elaborando un novo Plan Xeral para o municipio é despois de varios intentos non hai maneira de dispoñer dunha ferramenta de ordenación urbana que sustitua dunha vez a unhas Normas Subsidiarias que cumpliron xa 22 anos.
Evidentemente o desproposito é monumental, pero que sucede para que goberno tras goberno no sexan quen de levar a bo porto algo que non debería levar mais de tres o catro anos no peor dos casos dende a data de inicio, e mais, cando un PXOM debería ter unha vida útil de non mais de 10 anos.
A resposta é doada, e creo que ainda que non sexa un clamor popular a realidade do día a día en todo o estado da moitas pistas, o urbanismo é un gran negocio para moitos “listos” e a redacción dun novo PXOM é a via mais doada para subirse ao carro do pelotazo.
Este criterio dende logo foi o que amparou dende un principio a concepción do PXOM na nosa vila, a primeira xeira dende o ano 1994 ao 2002, onde se xestou a primeira ambiciosa versión de recalificación masiva que finalmente foi rexeitada polo goberno da Xunta, este primeiro fiasco foi o que levou á situación de ilegalidade de algunhas das vivendas que agora teñen a orde de derribo por ilegais. Non hai que ser un lince para deducir que información privilexida correu a esgallo entre certos aventaxados que urxentemente compraron terreos rústicos para construir vivendas antes de aprobar o PXOM, pero claro como a cousa se daba por feito e o aparellador municipal e o grupo de goberno non tiña moitos escrupulos en conceder licencias aos amigos en zonas de protección costeira asi lles foi.
Pero despois deste primer fracaso, do que ainda agora estamos a sufrir os coletazos, e eso que non empezaron os derribos, comezou a nova xeira, esta vez co beneplacito da suposta eficacia do partido dos salvadores da patria no goberno local na carteira de urbanismo, a primeira pedra de toque foi convocar unha plaza de arquitecto municipal xa que a todas luces o incompetente aparellador municiapal xa cometera demasiados despropositos para continuar, ainda que dous anos despois unha vez ocupada a plaza xa non era conveniente un novo arquitecto municipal, e moito menos que fose legal, e así o goberno muncipal non fixo mais que arrinconalo e tirar de novo do xenio anterior para tentar agochar os novos erros garrafais dos dous primeiros anos de goberno dos aventaxados, chamomoslle Caldagueiro ou Casa de Don Pablo.
Tamén coa entra do novo goberno no 2003 a redacción do novo PXOM se adxudica a unha empresa afín ao partido dos salvadores da patria por suposto, este PXOM ia ser exemplar, un documento incorruptible por asi decilo unha nova versión das tablas dos dez mandamentos. Dende o 2003 ao 2005 a empresa estivo redactando a documentación, e un avance foi exposto ao público a bombo e platillo, os salvadores da patria o levaron polas parroquias como o Santo Grial, curador de todolos males, tentando meter no bolsillo á xente coa premisa que habería pelotazo para todos, así todos contentos e as verdadeiras recalificacions con nome e apelidos pasaban desapercibidas. Eso precisamente é o que agachaba este avance de PXOM, un grupiño de listiños a porta pechada se repartiran unha docena de rotuladores de cores e se puxeron a pintar nun plano do municipio, repartindo cada quen a parte que mais lle conviña, esto era na realidade ese gran documento enxendrado polos salvadores da patria, e tampouco explicaron moi ben que os propietarios particulais que se beneficiasen de posibles recalificacións ian encontrarse co Axente Urbanizador que finalmente podería expropiar esas leiras recalificadas.
Pero o golpe brutal a ese suposto traballo ben feito chegou en xuño do 2007 cando a Xunta emite finalmente o informe preliminar correxindo a documentación do PXOM, o calificativo de brutal queda corto posto que supón prácticamente tirar para abaixo a totalidade dos pelotazos urbanísticos, entre eles os mais significativos:
As macrourbanizacións de Ombre, Nogueirosa, Ver, Boebre, Campolongo...., nega todalas macrourbanizacións perifericas ao nucleo urbano de Pontedeume, e reduce considerable as ampliacións dos nucleos rurais existentes que se ampliaban desaforadamente incumplindo clamorosamente a Lei do Solo.
Pero tamén afecta a intereses con nome é apelidos como cuestionar a recalificación de terreos rusticos forestais a industrial nas propiedades de Einsa, recalificación dos terreos de Caldagueiro afirmando que o loxico é que se cataloguen como rústico de protección de costas, e outros. Os numeros finais despois da revisión parecen que deixan nun 10% as vivendas totais a construir dende as pretensións iniciais. Se tira abaixo con esas “balconadas de vistas privilexiadas” das que falaban alguns concelleiros nunha escandalosa estrada prevista rachando co pe do monte Breamo. Algún xa afirmabamos esto antes da emisión do informe pero claro eramos uns alborotadores.
En fin a realidade é así e o PXOM levou outro bo correctivo, tanto que os apetitos creados por alguns antes de este golpe non sexan facilmente aplacados, de esta maneira comenzaron intensivamente as maniobras nos despachos retrasando a presentación da versión final do PXOM para á sua aprobación. Dous anos para correxir o PXOM según o informe da Xunta, dous anos nos que o Concello practicamente non recibe documentación por parte da empresa encargada do PXOM, que ten secuestrado o documento, o motivo principal como deciamos na intervención anterior supostamente en defensa dos intereses creados pola recalificación de Einsa, quen non tivo remilgos en contratar á mesma empresa de urbanismo para redactar a sua modificación puntual. Tampouco hai que ser un lince para darse conta de cal é a intención, e supoñer a lexión de visitiñas as oficinas por parte dos expeculadores do rotulador de cores durante estos dous anos. Vergonzoso.
As últimas novas que conocemos pola prensa é que o concello recibiu finalmente a documentación completa en Xaneiro, e tras revisala afirman que detectaron ainda certos erros que deben ser correxidos.
Os motivos reais os descoñecemos, pero por un lado non temos dubidas de que Einsa non debe estar interesada en que se aprobe inicialmente o PXOM, o que supoñeria a imposibilidade de recalificar os terreos mediante modificación puntual das Normas Subsidiarias, e si nos atemos ao informe da Xunta practicamente inviable a recalificación via Plan Xeral.
¿Pode estar sucedendo algo mais? Por un lado pode ser que á vista do primeiro de marzo algúns pensen que se obre o milagro e cambien as directrices na Xunta, quizás a derradeira carta da Einsa e ou seu culebrón de avaricia sin límite.
Pero por outro lado tamén pode ser que nesa última documentación presentada por Consultora Galega se fixesen cambios inesperados ou se manteñan outros que xa contiña o PXOM e sobre o que o informe da Xunta non era moi explicito, un claro exemplo pode ser a recalificación da imaxe superior, a mesma está centrada na zona do Parque Sarmiento, o plano superior é das Normas Subsidiarias actuais, como podemos ver tanto os terreos do asilo, Foremdes como o edificio abandonado remarcado en verde están clasificados como Z1E, é decir como solo para dotacións públicas, esos terreos son os que se destinan a dotar de servizos as zonas urbanizadas, son o emplazamento para edificios como colexios, centros de día, auditorios, servicios sociais, etc..., curiosamente durante décadas o concello afirmando que non hai terreos para novos servicios, e se pretendía levar o Centro de Día ao poligono de Vidreiro, cando este solar no centro neuralxico da vila estaba totalmente abandoado, e non se podía dedicar a outra cousa que para dotacións, ¿alguén o pode entender?.
Pero si ate aquí a cousa non tiña moita lóxica, si nos fixamos na foto inferior contida no avance do PXOM resulta que agora este solar queda desafectado, e decir o asilo segue como dotacional, pero parte de este edificio queda dentro da delimitación de solo urbano consolidado, deixando unha pastilla hacia a estrada que de repente en vez de solo para dotacións publicas tan escaso en Pondeume se convierte en solo que pode ser destinado a construcción dun bloque de vivendas.
Dende logo a situación non deixa de ser rara, ¿cómo pode ser que si esta zona é solo urbano consolidado, e a todas luces carece dos suficientes espacios dotacionais, se retira o pouco que existe? ¿é esto legal? ¿pode un novo planeamento reducir as superficies para dotacións? ¿cómo pode suceder esto canto as directrices do urbanismo posiblemente establecesen actualmente mais do doble de zonas dotacionais que as obrigadas na época da redacción das Normas Subsidiarias?, ¿alguén pode entender esto? ¿Consultora volveuse tola?.
Pero esta rareza pode que teña unha explicación doada, ¿non pode ser que si este solar pertenece como afirman algúns á muller do anterior alcalde Freire, voe a sospeita de intereses persoais en dita recalificación?, ¿non e demasiada coincidencia?, ¿non pode ser que esta recalificación escandalosa sexa parte da merenda cun grupiño de listiños a porta pechada se repartiran unha docena de rotuladores de cores e se puxeron a pintar nun plano do municipio, repartindo cada quen a parte que mais lle conviña, e que sexa das que se pasase por alto a Xunta por estar dentro de zona urbana consolidada? ¿realmente que pinta un bloque de vivendas metido en plena centro dunha zona de servicios e espacios verdes, e mais formando unha pantalla no medio?.
¿Pero alguén a estas altura dubida que o urbanismo é a ferrementa ideal para pegarse o pelotazo, e mais cando ti eres o que manexas a batuta, eso debeu pensar algún?.
Agardemos que o concello dunha vez esixa a corrección total da documentación, eliminando dunha vez todos estos escandalosos pelotazos persoais, que esa sospeita de estar agardando ventos mellores o primeiro de marzo sexa so eso unha suposición absurda, e que dunha vez esquezan a recalificación de Einsa mais aló dos terreos actuais da empresa, e os eumes podamos ver xa e opinar sobre o novo PXOM, poidamos presentar alegacions as barbaridade que ainda queden, porque non dubido que ainda deben quedar, e finalmente logo das correccions pertinente se aprobe finalmente unha ferramenta necesaria para ordear dunha vez esta vila e dotala dos servizos necesarios.
E por pedir que non teñamos que agardar outra década.