Arqueoloxía e Pontedeume
Pontedeume é unha vila rica en vestixios do pasado, non só pola subsistencia dalgúns caciques fosilizados na política eumesa, senon pola candidade de restos arqueolóxicos que existen no subsolo do municipio.As excavacións da plaza de España, que estos días xeraron novas sobre a importancia dos seus achadegos históricos, son só unha pequena pista de todo o que existe e que os nosos gobernantes tamén teñen esquecido.
Para recordar a riqueza destos restos arqueolóxicos permitome reproducir un escrito extraido dun programa das Festas das Peras de 1987, escrito por J. F. CORREA ARIAS.
ARQUEOLOXIA E PONTEDEUME
A pesar de non ser un concello extenso -só 29 Km- o chan e a paisaxe de Pontedeume gardan numerosos e importantes documentos do noso pasado Histórico.
Todos eles forman o noso acerbo arqueolóxico, que en raras ocasións foi estudiado dende o punto de vista centifico e sistemático.
O mais normal é atopar traballos de aficionados, descubrimentos de Centroña debidos exclusivamente ó azar.
Dos restos mais antergos, a falta de restos megalíticos como hai nou tros concellos próximos- como son os castros, na meirande parte están desdebuxados ou ben baixo os cimentos dunha casa como acontece na Nogueirosa, ou ben alterados polos traballos agrarios, de xeito que, ás vegadas só o nome nos fala da preséncia de restos castrexos. O único castro relativamente ben conservado é o de Centroña, a única alteración importante qué sofreu foi a explotación no seu interior dunha pequena canteira, polo demais conserva moi ben a estructura dos muros e, ainda que está cuberto de maleza, hai unha zona donde se poden deslindar os perfiles das antiguas construccións. É lamentable o seu estado de abandono ainda que neste caso para calqueira medida a tomar hai que ter en conta os dereitos do propietario da fincana que se atopa. Da importáncia deste castro, fálannos as suas grandes dimensións así coma o achádego dun fermoso torques -hoxe propiedade da Diputación da Coruña- por un lagrego nun lugar tamén de interés arqueolóxico chamado Eira Vella. Posiblemente un antecastro do devandito de Centroña. Unhas cantas catas practicadas nestes dous xacimentos sacarían á luz importantes achádegos e mostrarían a importancia de tales documentos para a nosa historia antiga. Son tamén importantes os restos romanos do concello pero, a pesar dos importantes achádegos -Vilarmaior, Algara, Centroña, etc. -ainda non pedemos afirmar con rotundidade que Pontedeume ten algo que ver co "Pontumio dos textos romanos".
O caso maís estudado e mellor foi o da chamada vila romana de Centroña -Donde xa se atoparán autros restos- que foi estudada por D. J Mª Luengo García -dempois do seu fortuito descubrimento no ano 50- Ainda que hoxe o lugar está cuberto tamén de maleza, os restos maís importantes están no Castelo de S. Antón, os que non foron parar a mans de investigadores privados, que foron moitos.
Estes son ó meu entender algunhas das testemuñas históricas que os eumeses deberiámos protexer do seu abandono e da súa destrucción xa ben direitamente avisando de achádegos ou denunciando os descalabros, xa ben por medio das institucións para que, pola súa banda, fagan o posible por recuperar a nosa memoria histórica encerrada nos nosos monumentos arqueolóxicos facendo unha política de catalogacións e estudos reais e posibles para non só conservar os restos xa coñecidos senon descubrir outros sen dúbida importantes, que existen no noso chan.

Este escrito denunciaba nos primeiros meses do goberno de Belarmino Freire o abandono existente, igual tamén esto sexa un reflexo da arqueoloxía das ideas cando se chega a un goberno e onde rematan 20 anos despois. Descoñecemos o nivel de danos e expolio que se produciría en todos estos anos, tampouco os que poidan facer as intervencións promovidas polo futuro paseo marítimo ate Centroña proposto quizás na zona mais rica en restos arqueolóxicos do noso concello, pero a denuncia queda ahí.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home