15.3.07

O lucro incesante

Unha das pobres excusas dos nosos gobernantes para non facer cumplir a lei unha vez recoñocida a ilegalidade de certas obras e así proceder a sua demolición, é a suposta indemnización por LUCRO CESANTE.

Os nosos gobernantes anticipanse xa a abogados, fiscales e xuices, nesto semellan ser visionarios, ainda que habería que preguntarse a que se debe esta predisposición a salvalle o cu a certos promotores que operan ao marxe das leis.

Pero a realidade é ben diferente á versión simplista e interesada dos nosos políticos, según eles non se poden demoler as obras ilegais xa que levaría ao concello a fortes indemnizacións. Pero según o art. 142.4 da Ley 30/92 ; "La anulación en vía administrativa o por el orden jurisdiccional contencioso-administrativo de los actos o disposiciones administrativas no presupone derecho a la indemnización, pues ello dependerá del contenido y efectos del acto administrativo”.

Si vos fixachedes na senteza do Tribunal Supremo que adxuntamos en “historias de estrabismo urbanístico eumes”, o concello concedera licencia dun edificio de 24 vivendas en Ber en 1977, cun dos clásicos informes contra-norma emitido polo aparellador municipal. A sentencia confirmaba a ilegalidade de tal licencia indicando “debemos declarar y declaramos los acuerdos recurridos contrarios al Ordenamiento Jurídico y nulos y sin efecto, procediendo en forma legal la demolición de la obra construida ilegalmente”.

Pero outro dos aspectos non menos importantes desta sentencia era o apartado da responsabilidade da Administración, según a sentencia indica “por último, debe rechazarse la petición de que se declare la responsabilidad de La Administración, en el supuesto de confirmarse la demolición de lo construido por el apelante, acordada en la sentencia apelada, demolición que, como todas las conclusiones allí sentadas, se ratifica en esta alzada, sin que ello suponga, en modo alguno, la posibilidad de acceder a la petición de responsabilidad aludida”. Según esta sentencia o concello ainda depois de conceder unha licencia ilegal apoiada nun informe técnico en contra da normativa urbanística, non lle implicaba unha indemnización automática como nos queren facer entender interesadamente dende o concello, en referencia as obra ilegais que temos hoxe en día en Pontedeume.

É mais, a lexislación nestos asuntos esta moi clara, según a Ley 6/98, de 13 de abril, sobre Régimen Jurídico del Suelo y Valoraciones, no articulo 44.2 dos sopostos casos indemnizatorios “Cuando se produzca la anulación de una licencia, demora injustificada en su otorgamiento o su denegación improcedente, los perjudicados podrán reclamar de la Administración el resarcimiento de los dados y perjuicios causados, en los casos y con la concurrencia de los requisitos establecidos en las normas que regulan con carácter general dicha responsabilidad. En ningún caso habrá lugar a indemnización si existe dolo, culpa o negligencia graves imputables al perjudicado".

Este último párrafo deixa ben claras as cousas, non haberá indemnización si existe culpa, nesto estarían incluidos os erros intencionados, ou non, na documentación do proxecto presentado no concello para a concesión da licencia, xa que estos poden facilitar ao técnico municipal as chamadas "interpretacións erroneas", sobre todo si este ten unha predisposición innata a este comportamento. Este caso pode estar o edificio en construcción na Avda. Dr. Villaneva nº 1 (coñecido como casa de D. Pablo), na documentación de proxecto se fan indicacións que non corresponden coa realidade fisica ou das ordenanzas, entre elas a mais significativa e a diferencia de altura entre ruas Dr. Villanueva e Rua Porto, a indicada nos planos pode ser cerca dos dous metros maior da existente na realidade, un pequeno "truco" de proxecto para conseguir sacarlle mais plantas ao edificio supoñendo que iba quedar mais enterrado, pero sin dubida algunha este "truco" queda ao descuberto na desviación da obra realmente executada cando comprobamos os niveis das plantas do edificio respecto as rasantes das ruas, moi evidente pola elevación da chamada planta baixa por Rúa Porto a mais de dous metros do nivel desta rua, ou tamén pola menor altura respecto á beirarrua na planta primeira en Avd Villanueva que contida no proxecto. Todo un exercicio de malabarismo.

Tampouco haberá lugar a indemnizacións en aqueles aspectos onde o edificio se desvía da licencia, é decir por culpa do promotor, como podemos ver en Pontedeume moitas das obras ilegais presentan excesos de alturas, na obra da Avda Dr. Villanueva nº 1 tamén esto é notorio, escandaloso e moi descarado, polo tanto o concello ten a obriga de ordear demolelos sin indemnización algunha.

Visto así as cousas non están tan en contra do concello á hora de facer cumplir a lei, pode sin dubida algunha anular licencias ilegais e proceder a demolicións, sin tantas indemnizacións como afirman xa que existen moitos elementos axenos á responsabilidade da administración. Habería que saber que outros motivos hai para non facer cumplir as leis, ainda que dubidamos que sexan de índole legal.

Ademais a lei contempla outro aspecto moi interesante, si finalmente o concello é responsable e ten que pagar unha parte de indemnizacións nalgún caso, que en todo caso habería que demostrar e cuantificar nun xuicio, según a lei hai unha responsabilidade do aparellador municipal na emisión de informes non axustados á normativa, según esta : “La infracción o aplicación indebida de los preceptos contenidos en la presente Ley por parte del personal al servicio de las Administraciones Públicas, cuando mediare al menos negligencia grave, constituirá falta muy grave cuya responsabilidad disciplinaria se exigirá conforme a la normativa específica en la materia”. O que debería levar tamén a sancións económicas ou penales contempladas tamén no Código Penal para este individuo. Non entendemos porque o concello permitiu este tipo de actitudes durante tantos anos, cando eran "vox populi" en todo Pontedeume.

En canto as obras ilegais hoxe en Pontedeume, finalmente indicar que según o art. 209 da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia, unha vez instruido o expediente de reposición da legalidade, adaptaranse un dos seguintes acordos:

A) Se as obras non fosen legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, acordarase a demolición a custa do interesado.
B) Se fosen legalizables por seren compatibles co ordenamenteo xuridico, requerirase ao interesado para que no plazo de tres meses presente a solicitude da oporturna licenza.
C) Se as obras non se axustan ás condicions da licencia, ordenarase que as axuste no plazo de 3 meses, prorrogables outros 3 meses si a complexidade técnica faga inviable facelo no plazo previsto.

Si esto o aplicamos as obras de Caldagueiro resulta que a suspension das obras e de data 17 de marzo de 2005, e decir 24 meses sin que se cumpla a orde de reposición da legalidade, no caso da obra da casa de D. Pablo a orde de suspensión e de 23 de octubre de 2006, polo tanto levamos casi 5 dos 6 meses de plazo máximo, prórroga incluido, sen que se empecen a demoler o construido ilegalmente.

Queda por preguntarse, ¿a que agarda o concello de Pontedeume? porque dende logo está a incumplir a lei con total claridade. A conclusión final é que o concello semella mais interesado en favorecer os lucros incesantes para certos promotores que en cumplir coa lei e coa sua obligación cos veciños de Pontedeume. Agardemos que entre a cordura neste concello, e se cumplan as leis dunha vez. Quizás o que avanzou Vilariño nunha recente entrevista sexa unha luz ao final do tunel dun posible cambio de mentalidad nesta vila: "Que no se le puede dar licencia de primera de ocupación porque tiene dos plantas de más y la Xunta dice que son ilegales? Pues habrá que derribarlas". Agardemos que non sexan só manipulacións electoralistas.