28.3.07

Políticos ineptos e ruas tercermundistas

Nesta vila levamos moitos anos padecendo o pésimo estado da maioria das ruas, pero o caso da prazao Conde, mais coñecida xa como praza da Viagra (por estar continuamente levantada), é lamentable. Despois de mais dunha década de continuos arranxos e dilapidacións de presupostos municipais semella que o problema non tivese solución.

Creo que todos fumos testemuñas ou coñecemos algún dos continuos casos de accidentes de peóns por tropezons ou algunha roda do coche amolada nos auténticos socavos que existen nas rúas. Pero para este concello semella que pouco importan os veciños, os políticos non reaccionan de maneira algunha, posiblemente segundo eles debase tamén á dificil orografía de Pontedeume, recurso tan utilizado para xustificar tódolos males do urbanismo eumes.

Esta semán unha veciña sufreu unha terrible caida na praza da Viagra ao tropezar nun destos socavons e esta ingresada no hospital pendente de intervención quirúrxica por ter esnaquizado un óso dun brazo. Dubidamos que este sexa un caso illado, e pode ser un aviso do que pode rematar algún día nun accidente mortal.

Segundo a lei o concello é responsable deste accidente. A lexislación é clara e as sentenzas nos tribunais repetidas. Por mencionar unha de fai poucos meses, o concello de Córdoba tivo que indemnizar con 15.000 euros a un peón que rompeu un cóbado por un tropezón nun pavimento deteriorado, segundo a sentenza:

“recuerda que el Ayuntamiento se encuentra obligado inexcusablemente a mantener las vías públicas abiertas a la circulación peatonal y viaria, y tales vías deben encontrarse en condiciones tales de mantenimiento para su fin específico que la seguridad de quienes las utilizan se halle normalmente garantizada".
Destaca que "esta falta de atención o cuidado" en el mantenimiento de las condiciones mínimas y elementales de seguridad en las calles y paseos públicos ya ha sido apreciada por la jurisprudencia del Tribunal Supremo como constitutiva de responsabilidad patrimonial de la administración”.

Habería que recordar que de existir neglixencia tamén pódese incurrir en responsabilidades penais, a verdade é que algún non lle viña mal estar un pouco á sombra. Pero aparte de poñer en risco as nosas vidas os importes das indemnizacións os teremos que pagar finalmente cos nosos impostos, por non falar do que xa estannos custando todas estas obras sen control e as correspondentes ceas nos Molinos.

Analizando o asunto podemos chegar á conclusión que este deterioro no se trata dun problema técnico irresoluble nin nunha falta de medios, senon na ineptitude dos responsables municipais, especial mención merece o concellal de obras e servizos que polo que podemos ver se amosa na categoría dos maiores ineptos municipais, se fai uns dias afirmaba que deixara a carteira de comercio porque se lle facia moito, agora dende esta tribuna lle esiximos que tamen deixe a de obras e servizos polo evidente da sua incapacidade, e non sería demais que se retirase dunha vez da política activa e deixe de “facer tanto por esta vila”, creo que os veciños llo agracediriamos moito, ainda que algúns promotores inmobiliarios colleran un gran desgusto.

Señor Agras esto non é unha cuestión de levantarse as seis e media de maña para percorrer a vila como declaraba fai pouco, persoalmente interesame un carallo que vostede non durma ou faga footing de madrugada, tampouco chega con ser un pelota dos seus compinches nin tampouco é decente andar vendendo favores inexistentes por toda a vila coma se os pagase do seu peto, por non falar de andar de porta en porta pedindolle a xente que lle venda terreos que vostede debe coñecer que van ser recalificados.

Vai sendo hora de que se dea conta da sua triste miseria, ainda que mais culpa teñen os que pactan con vostede a cambio de ceder o que sexa, en todo caso por parte dos veciños a ver se tomamos conciencia dunha vez do significado e a repercusión do noso voto nas urnas cada catro anos, única maneira de defendernos de ineptos como este. Agardemos que o sentido común chege a os veciños de Pontedeume e vostede desapareza da política local dunha vez para sempre.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Outra mostra de ineptitud, e a rúa que está diante da gardería "Chalet rosa", paseo marítimo e outras.....
¿Ganas de traballar polos veciños?
Ningunha...

13:02  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home