Reales conxeturas
Hoxe o xornal La Opinion publica unha entrevista co aspirante á alcaldia de Pontedeume polo BNG. A verdade é que si a semana pasada a entrevista con Agustín Vilariño tiña mais sombras que luces, neste caso non vemos luces por ningún lado. Sobre a introducción da entrevista mellor non facer comentario algún, o Sr. Rei como experto en Castelao agradecerá a imaxe superior.
No segundo párrafo comentanos “en 2002 a Secretaría General de Turismo puxo en marcha o proxecto Municipio Turístico Sostenible, co que pretendía mellorar a calidade ambiental e os servizos dos municipios seleccionados, catro por provincia. Entre eles estaba Pontedeume. Como valora o traballo feito nestes anos nese eido?”
Este tipo de novas deixa a un boquiaberto; ¿Pontedeume sostible?, ¿Selecionado no 2002 entre catro da provincia co que pretendía mellorar a calidade ambiental e os servizos dos municipios?, ¿Pontedeume o sexto de Galicia e segundo da provincia da Coruña en benestar social?. Moi mal deben andar polo resto de concellos.
Sr. Rei fala de pasos importantes en saneamento, gustarianos saber cales foron os saneamentos renovados en Pontedeume nos últimos 5 anos, agás a conexión á depuradora, a maioria son pouco menos ca edade media, e en moitos casos contribuen ao afundimento puntual nas ruas, en canto á depuradora existen moitas dubidas sobre o seu correcto funcionamento, a evidencia pode ser que gran parte do marisco que recollen en Pontedeume non se poida comercializar en fresco polos alto niveis de contaminación das augas. Tamen preguntar que teñen pesando coa rede de suministro de auga que non se da renovado agás nas zonas onde xa se desintegra. O resto son frases que comezan por habería, polo que ainda non se fixo nada, en canto a Alameda quedaría ben comentar a sua “rehabitación” como aparcamento público.
Logo Sr. Rei amosa grandes contradiccions sobre os temas urbanísticos, mais sorpendente cando parece ostentar temporalmente dita carteira, por un lado ante a pregunta ¿Cara a onde podería medrar a vila? responde “O núcleo terá que medrar cara a Campolongo -pero non pola ladeira do Breamo, que sería moi agresivo- Pero por outra banda no seguinte parrafo afirma que ainda continuan co proxecto da estrada polo monte Breamo, e afirma que todo o que sexa agresivo e non sustentable será retirado. A verdade é que non entendo nada Sr. Rei semella que vostede quere subirse a todolos carros, si a Xunta autoriza a estrada polo monte se colgará a medalla, e si a rexeitan tamén, se quita e xa está, entón vostede non ten unha idea propia formada Sr. Rei, ¿cómo se pode gobernar así?, dende logo todo unha demostración de política reptil e ausencia total de compromiso.
¿En que fase se atopan a casa de don Pablo e o edificio de Caldagueiro?. Todos sabedes que hai unhas ordes de paralización que o Concello levou a cabo, eu afirmaria Sr. Rei que tarde e mal se aplicaron. Temos debatido moito ata onde chegar coas paralizacións, pero antes de dar a licenza de primeira ocupación queremos pensar que eses temas se solucionarán. Mais divagacións Sr. Rei, amosa de novo unha xigantesca falta de ideas e coñecementos, semella como si as ilegalidades se solucionaran por si mesmo, si a tal edificio lle sobran tres plantas, acaso vai encoller ou o PXOM vai estirar. Vaia conxetura. En canto ao “control” decir que está forzado por certo grupo de molestos veciños que non fai mais que presionar para que se cumplan as leis, do contrario non houbera pasado nada nesta vila, como afirmaban no seu celebre panfleto “este tipo de edificios se fixeron toda a vida en Pontedeume”. Logo repite o de sempre, que o proxecto dalgún deses edificios foi consultado previamente e me consta que o concelleiro e os técnicos de Urbanismo se asesoraron (¿con quén? ensinen os documentos que avalan estas afirmacions). As solucións poden gustar máis ou menos (sobra o máis), pero son cousas que se arrastran de atrás e que se están superando. Quizas debería decir “ a ver si co tempo o damos agochado dunha vez”, habería que recordar que foi vostede un dos que votou tales licencias Sr. Rei. e nesta lexislatura, non falamos da prehistoria.
Logo fai refencia aos últimos oito casos confirmados de licenzas ilegais para viviendas unifamiliais, ás que vostede resposta: "A Xunta inicialmente abrira un expediente sobre esas que din eses veciños e non saíu adiante" (esto recordame a aquela celebre frase sua de Caldagueiro, cando non progresara o expediente aberto pola Xunta). Ese expediente só se reduceu a zona de Freixeiro. Sr. Rei como no conto do lobo creo que xa non o cree ninguén.
Ahí queda escrito para a posteridade. Ainda que podería explicarme ¿por qué si estan tan legais algunha non se remata?, ou quizás por qué non fan público os documentos nos que avalan tales feitos. Finalmente remata falando como sempre de contradiccions das leis, que por iso concederon as licencias.... Afirma que non é algo que a nivel popular cause escándalo nin alarma, intentamos facer as cousas mellor e superar esa fase de problemas urbanísticos. Eso como sempre non o alarmará a vostede que foi un dos causantes destes desatinos, a min persoalmente alarmame bastante que un concello se poñan por enriba da lei, incluso mais aló da existencia mesma das vivendas. Xa me dirá para que os chamou a declarar o fiscal como imputados por delitos urbanísticos en Xuño do ano pasado.
Logo afirma: En Pontedeume hai outros temas máis aló do aparcamento ou da limpeza. A xente ten que mirar o que se fai en Ensino, o que se mellorou en Sanidade, o que se fai en Cultura e en benestar social. Somos un Concello que, máis alá do bache, da pedra que se move ou do lixo, ofrecemos un nivel de vida bastante alto. Quizás sería mais doado falar das únicas catro pedras que non se moven nas ruas de Pontedeume. Preguntome ¿qué se fai en ensino, a Xunta renova un colexio ruinoso e desfasado? ¿qué se fai en cultura? ¿en sanidade, sera o Sergas Sr. Rei? centros de saude os hai en todolos concellos, ¿un nivel de vida bastante alto?. Creo persoalmente que para dar exemplo varios políticos asalariados do concello, certos señores do ladrillo e algúns comisionistas colgados no móvil, non teño dubida algunha que son moi representativos. ¿De onde saca os datos?.
Sobre o mercado mellor non comentar mais, quizás podería nombrar ao colectivo que dou a alarma da barbaridade que supoñia a posibilidade de derribalo e privatizar o patrimonio público.
Consideramos que somos un dos concellos punteiros pola capacidade de xestionar axudas exteriores. De feito, duplicamos a media do que reciben outros concellos galegos. Será así si vostede o di Sr. Rei, ainda que eu apuntillaria vendo os pobles resultados que tamén deben ser un dos concellos punteiros en despilfarrar as axudas exteriores.
No asunto de pactar nas próximas eleccións, o de sempre, recordareille o que xa lle comentaba a Agustín Vilariño, creo que teñen sindrome de Estocolmo, e vai sendo hora de tratalo. Quizás eses outros que estaban con Independientes xa se enteraron no seu dia onde estaban metidos e por eso sairon. O problema Sr. Rei non e meter a pata o problema está en ser capaz de retificar os erros. Vostedes son refens dos seus erros, e eso semella non ter solución.
Que lle atrae da política? Que me gusta, teño vocación política e é coma o Ensino. Relaciónaste coas persoas e ten un lado pedagóxico. Gústame moito a palestra e paréceseme moito nese sentido. Na política hai que crear un entorno agradable, de atracción, chámalle liderado ou outra cousa, non meu, senón da miña organización. É agradable, da desgustos, pero satisfaccións tamén. Digo eu Sr. Rei ¿de que está a falar?.
Para rematala novamente outra crítica aos eumeses.
¿Como son os eumeses?
O carácter dos eumeses é aberto e afable. Falan moito, ás veces demais... Si Sr. Rei, falan de mais sobre todo cando empezan a destapar o que se quere ocultar. Ás veces é un problema para os políticos que os votantes se enteren da verdade que hai detrás das portas do concello, as veces demais.
Como resumo sombras, dubidas, incertezas e divagacións, toda unha lección para o supermultiedil de Sanidade, Educación, Servizos Sociais, Comercio e Urbanismo a ratos libres, todo un reto para un licenciado en filoloxía galego-portuguesa.

2 Comments:
Sombras, dúbidas, incertezas?
NON
Está moi claro:este tío é -desde o meu punto de vista- un farsante ou cre (iluso el) que os tódolos eumeses comulgan con rodas de muiño.
Pretende que o malo que ocurre na vila pareza unha anécdota, pero por desgraza é o habitual.
De todos modos está mellor na política, que nos libra dun "docente" así.
Vedaderamente tenerlo enseñando es ver una película de terror tan distorsionada que tiene la realidad, en fin, como político tampoco nos hace ningún favor, pero es verdad que según nuestro superconcejal "no se consuela el que no quiere". Pero que no trate de engañar a nadie.
¿Tengo una pregunta cómo puede encabezar una lista para la alcladía después de cuanto ha hecho y ha dejado hacer?
Y otra
¿Cómo es posible que alguien lo acompañe en esa lista?
Publicar un comentario en la entrada
<< Home