Adeus á paisaxe I
¿Que está pasando coa paisaxe?. A ignorancia unida a unha ambición desmedida está descortizando o territorio e esnaquizando a paisaxe, pero de momento pese ao evidente dos danos aínda non provocou unha verdadeira reacción popular.A fotografia superior é a mais recente cafrada de Fadesa en Cantabria, esnaquizar unha montaña para incrustar 400 vivendas, parece afastado, pero ¿non se parece isto excesivamente á proposta de rúa pola ladera do monte Breamo do avance de PXOM de Pontedeume?.
Este desarrollismo trasnoitado esta deixando uns efectos catastróficos sobre o territorio, non fai falta saber moito de urbanismo e arquitectura para darse conta que o que esta pasando non é normal. E, con todo, son poucas as voces que se alzan públicamente para denunciar o obvio, o que salta á vista en calquera recuncho do país.
O urbanismo brilla pola súa ausencia, Galicia en especial atópase desvalida, padecemos os restos dunhas politicas urbanísticas anacrónicas, baseadas en descafeinados e destilados dunhas Leis do Solo do desarrollismo franquista. A mayoria de concellos fundamentan o seu urbanismo en plans ou normas subsidiarias, desfasadas, moitas nulas de pleno dereito xa desde a súa orixe e en xeral aberrantes por falta de entendemento do territorio, na maioria dos casos non se tivo en conta nin sequera a topografia á hora da súa redaccion. Pero quizás o maior erro do chamado urbanismo baséase nunha redución ao absurdo na busqueda da calificacion urbanizable e recalificacion de superficies cada vez maiores para beneficios especulativos de políticos, grandes corporacións, empresas inmobiliarias, constructoras e todo o que a rodea, a corrupción evidentemente brota con gran forza nun campo abonado como son as corporacións locais, o extremo mais ignorante da cadea.
Fálase continuamente de directrices territoriales, plans supramunicipales, sostenibilidad, leis de protección da paisaxe, pero todo estase quedando en intencións, o proceso esta pecando dunha sospeitosa lentitude respecto da enorme velocidade coa que estan actuando os depredadores. A política de feitos consumados invade todo o territorio, as ordes de paralizacion de auntenticas aberraciones quédanse en papel mollado mentres os especuladores continuan adiante deborando a tarta, o irremediable parece a escusa para non deter esta tolemia.
Achámosnos ante unha verdadeira vorágine constructora, precisamente no país europeo cunha porcentaxe máis alta de vivenda desocupada (12%). Nun contexto de potenciación -ecológicamente insostenible- da urbanización difusa, proliferan todo tipo de equipamientos, aos que se suman centenares de urbanizacións de chaletitos e casas adosadas, nas periferias de todas as cidades, grandes e pequenas. Multiplícanse, por outra banda, as reservas de chan para uso industrial, malia que moitos polígonos creados fai anos están prácticamente valeiros, a proba evidente é o Poligono de Vidreiro no que pese a todo non se ve actividade algunha, a ver onde nos leva a recalificación pantasma de Einsa. Semellantes desaguisados, xunto co modelo de urbanización extensiva xa denunciado, contribúe á destrución de miles de hectáreas de excelente chan agrícola ou de alto valor ecolóxico e paisajístico. En Galicia a ameaza esta moi preto e non só na costa, onde os destrozos son mais que notorios, no interior, unha legión de especuladores esta vez en forma de concesións pantasma de parques eólicos, minicentrales, e explotacións mineras do tan ansiado novo “ouro” en forma de cuarzo para a fabricacion do outro novo mito, a enerxia solar, parece que na nosa civilización o remedio sempre acaba por ser peor que o mal, e esta escusa esta poñendo en xaque a multitude de explotacións leiteiras e agricolas que penden da expropiación, así como a vastas zonas do Caurel.
Parece que neste pais non queda xa político ou parente de político que non teña xa a súa concesión, iso se todo “moi legal”, algún con investimentos de tan só 600 euros.
No referente aos trazados de novas vías de comunicación, estes deséñanse a miúdo con pretensións e previsións moi afastadas da realidade e atendendo a modelos de conectividad supuestamente irrefutables, menosprezando con ignorancia supina os valores ambientais e paisajísticos dos territorios polos que transitarán, moito podiamos falar das que se estan facendo coas obras do AVE, e a tolemia expropiatoria e medioambiental que se está cometendo. Ninguén se toma en serio os estudos de impacto ambiental, cando estes elabóranse con seriedade e honestidade, o que non sempre é o caso.
Pero ¿que pasa coa paisaxe?...

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home