Manifestación
Somos testigos dunha sensibilidade social crecente sobre as consecuencias irreversibeis que acarrea o descontrol das actuacións urbanísticas e a impunidade dos empresarios e alcaldes que os apoian. E agora temos a posibilidade de poñer freo á cementación salvaxe e irreversible de Galiza, de salvagardar o noso patrimonio natural, que é o mesmo que dicir o noso futuro. Debemos manifestarnos masivamente o proximo 6 de maio en defensa dun urbanismo sostible e unha explotación racional dos recursos naturais, Galicia é patrimonio de tódolos galegos, non un medio para o enriquecemento desproporcionado e ilegal duns poucos a costa do benestar de todos e da depredación do noso territorio.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home