28.4.07

O camarote eumés

Esta ben podería ser a imaxe do derradeiro pleno eumés desta lexislatura. Polo visto a política eumesa empeza a ferver, esta vez coa presenza de medio centenar de veciños de Andrade indignados coa recalificación de Einsa.

A situación chegaría ate ser cómica senon fose porque esta afectando directamente a moitos veciños, pero non é mais que o reflexo da incompetencia duns cargos locais que a verdade é que non dan unha, recordame a aquela serie de dibuxo animados con “Pier no doi una y su amigo Patán”.

Levamos moitos anos padecendo unha situación nefasta neste concello, pero ultimamente a situación vai empeorando dia a dia, supoño que antes a incompetencia non se facia tan evidente pola deixadez dos veciños aburridos dos politicos. Pero agora faise dificil entender que esta pasando, a sensación é que os magos municipales perderon a capacidade de enganar ao publico cos trucos, e as explicacións cando se lles colle nun rehuse son penosas.

Resulta que o goberno local decia despois da votación da recalificacion de Einsa que “todos los terrenos afectados son propiedad de la empresa”, logo os veciños afirmaban que Berlarmino afirmou despois do pleno de febreiro “nosotros hicimos lo que debíamos, si no estáis de acuerdo defendeos”. Agora que os veciños se poñen en pe de guerra e aparecen masivamente no ultimo pleno Belarmino sae con: “asegura que a metade do equipo de Goberno ignoraba que o proxecto afectase a particulares: "O propio alcalde recoñeceuno, dixo que se decatou porque o chamaron uns amigos e asegurou que era cousa do equipo redactor". Para logo afirmar que Belarmino e Tino Regueiro admitiron no pleno de onte que non viran os planos do proxecto, o que non foi impedimento para aprobalo.

Esta claro que temos un gravisimo problema cos nosos politicos, e fundamentalmente basase nun profundo servilismo a certos intereses privados conxugados coa ignoracia suprema, votase con total descoñecemento da situación, son manipulados habilmente polos propietarios e os técnicos redactores dos proxectos, xa non queremos pensar en que realmente eles formaron parte activa de toda esta trama (porque supoño que o arquitecto municipal algo lles explicaria sobre o tema) ainda que non chegaria a poñer a man no lume porque non fose así, xa que precedentes hai dabondo, non temos mais que recordar por enesima vez os nove meses que Belarmino agochou a orde de paralizacion de Caldagueiro, ou os 12 meses que fixeron falla para paralizar oficialmente a obra da casa de D. Pablo, cun Tino Regueiro vociferando incansablemente por toda a vila un “esta todo legal”, ou os comentario de Rei defendendo as 8 vivendas na zona de Vizus e Boebre con outro “os informes foron desestimados”.

Esta claro que detrás de todo esto non hai outra cousa que unha desmedida avaricia de certos particulais, como xa pasou con certos promotores que todos coñecemos, onde non hai limite para obter o que se propoñen. Neste caso a connivencia con Consultora Galega parece clara, a situación é cando menos dantesca, que a mesma empresa que esta facendo o PXOM, se poña a facer un proxecto de recalificación de terreos a medida dun particular, para modificar a medida unhas normas subsidiarias que xa debian de estar anuladas, é grotesco. E como sempre dende o goberno local se traga con todo, non se buscan mais aclaracións, e tampouco interesa outra cousa que favorecer clara e obxetivamente a intereses privados, se aproba a recalificación ainda con informe negativo da Xunta de Galicia, para que agardar mais o tempo apremia por suposto.

Pero chegado a este punto queda por preguntarse a onde vamos, porque a empanada mental que hai no goberno eumes é digna de concurso, a improvisación xa chegou a extremos cómicos, pareceme indigno ter uns representantes así. A menos dun mes dunhas eleccións quedan dous opcións, dar paso a outra xente mais capacitada, si é que existe, ou delegar directamente na Xunta de Galicia actual e polo menos alonxar as presions dos localismos. Dende logo un comeza a pensar mais que nunca no que terá preparado Consultora Galega para o PXOM, porque esa si pode ser boa xa que esta empresa creo que esta collendo moita “soltura”, dende logo o avance “prometia”.