Cambio de pechaduras
Vistos os resultados das eleccións PP 4, COE 3, PSOE 3, BNG 2, IeP 1, TG 0, podemos comprobar como o BNG tivo o castigo lóxico por catro anos de rastreiro tripartito, os desatinos deste partido foros monumentais e como comentabamos en intervencions anteriores non entendiamos como dende Santiago non obligaran a unha renovación total, a opinión xeralizada estaba en que Rei era un mal candidato á alcaldia e manter a Salorio contribuia mais a presentar unha lista nefasta, as urnas dictaron a volta ao ensino para Rei (sintó polos alumnos) e a xusta expulsión da politica municipal para Emilio “el chaquetero”.O PSOE cumpleu co agardado, cunha renovación que dende logo tamén veiamos insuficiente por presentar como candidato a Vilariño que xa formara parte do goberno en lexislaturas anteriores participando en decisións chamemoslle “polemicas”, ainda que tamén dubido que outra opción tivera maior respaldo.
O COE manten o xa acadado nas anteriores eleccións, e no caso do PP cunha candidatura totalmente renovada e despois dos grandes desatinos do tripartito PSOE+BNG+IeP consegue os catro concellais, presentandose como o gañador das eleccións en Pontedeume.
O caso de TG estaba cantado, e demostra que non todo vale e a xente non está chupando o dedo.
As cousas parecen claras dende agora, o lóxico e un pacto PP+COE, que consigue a cousa mais importante das eleccións, eliminar a maldita “chave” do concello para o sr. Chacho. Parece que os eumeses por fin retiran definitivamente da politica a este veterano caciquillo. Decirlle ao Sr. Agras que parece que lle van cambiar as pechaduras do concello é xa non lle vai servir a sua famosa “chave”.
Agora toca saber si realmente Pontedeume vai ter un xiro, que ainda que non sexa copernicano como decia Vilariño, polo menos para coñecer si esta vila xa tocou fondo e pode rexurdir, tanto o programa do PP como do COE parecen programas reais en liñas xerais, polo menos recollen a maioria das demandas dos vecinos, agora os eumeses deronlles a gran oportunidade que estaban reclamando. Agardemos que sexan capaces de facer unha política independiente das liñas xerais do PP, agardemos que o Chimpín, Fraga e Sardiña pasen á história, e sobre todo que sexan quen de democratizar, limpiar e dar transparencia a esta vila, que dende logo o esta pedindo a gritos. Agardemos que este novo goberno, libre de chantaxistas, sexa capaz de poñerse en onda coas directrices xerais do urbanismo da Xunta ainda que sexa doutro cor político, e sexamos quen de ver aplicar a legalidade no concello tanto nas barbaridades en construcción como nesta nova ola de recalificacións e urbanizacións pantasmas que estan asolando a vila.
Enhoraboa aos gañadores e sentidiño á hora de administrar o credito concedido polos eumeses, creo que tan só evitando caer nos mesmos erros que os anteriores podemos ir adiante.

6 Comments:
Parece correcta a primeira parte do artigo sobre as causas do desastre de tripartito. Moi desarfotunada a segunda parte, así o entendo. O goberno PP-COE non merece ningunha esperanza por varias razóns. Sabemos quen é o PP e sería iluso pensar que en Pontedeume vaian levar unha práctica política distinta do Estado. As maiores corrupsións déronse neste partido e é un digno representante do Capital ou sexa das promotoras inmobiliarias. En Cantoi ao COE, dicir que non dispón deprograma se por tal entendemos unha estratexia a longo prazo para acdar uns obxectivos. O COE non ten obxectivos porque non é un partido político. Cres que os programas dos partidos son feitos á lixeira e en cuestión de semanas? O COE é puro pragmatismo e non sabe ver máis aló do inmediato. Como desacertadamente dixo o seu representante os problemas inmediatos de Pontedeume son a limpeza e os aparcadoiros. Falso. Pontedeume ten un grave problema co PXOM que vai hipotecar o seu futuro. E o COE non entende a importancia dun planeamento de urbanismo.
Es posible que el COE y el PP no tengan proyecto de futuro, pero el pueblo cree que si.
En cuanto a que el Pp sea más corrupto que los demás,no afecta por ahora a este Concello.
No le afecta porque aquí existen chalets ilegales, casas a derribar y dejadez causada por personas y partidos conocidos.
En dos o tres años, tal vez estemos hablando aquí de que este Alcalde es peor que el anterior, pero eso sólo lo puede decir el paso del tiempo. Hoy en día, el pueblo con sus votos ha decidido que confían en ese proyecto y aunque estoy contigo en que no promete, no sería democrático juzgarle de antemano.
opino o mesmo, coa presentación das candidaturas xa perderamos todos, aos de antes xa os coñeciamos e os de agora non están capacitados, ao meu modesto entender e logo de telos lido e oido, para artellar un PXOM que garanta a sostenibilidade urbanística do concello. Pobre Pontedeume
O pxom xa está feito home. Só cabe esperar a que os do bloque e os do psoe que creian que estaba todo feito, chamen a concelleira da xunta e lle den as instruccions.
Agora pode que ata o rexeiten por entrar ao goberno os peperos. Dame moita risa e estou desexando que saia a luz para ver que documento nos iban a meter con calzador estos. Como pensaban arranxar os problemons da casa de don pablo mamotretos e chaletes de nogueirosa e vizús.
Ou aproban os entrantes o que sexa o xa estou vendo a o pobo outros catro anos sin plan urbán.
Este ultimo comentario creo que atinou á perfección, está claro que o PXOM xa esta amañado, pero agora de supeto cambian os protagonistas. A verdade é que tamen teño ganas de coñecer como os artistas estes fixeron para legalizar salvaxadas como a da casa de D. Pablo. Algún creo que non durmeu moi ben esta noite.
O pactar o Bng con un franquista como e Manuel Agras xa amosa que con tal de ter a poltrona son capaces de todo
Publicar un comentario en la entrada
<< Home