24.5.07

Eleccions municipais III

Vamos agora co tercer vertice do tripartito eumes, Independientes por Pontedeume.

Enfrontamonos aquí a unha tarefa dificil de tentar analizar, encontramos un partido unipersonal co claro e único objetivo de ser a chave que abra o concello ao resto de forzas maioritarias, como se soe decir aberto á puxa do mellor postor outros dirian de chantaxe continuado. Estamos ante un auténtico camaleón da política, un persoaxe cunha mente reprogramable que viaxa da dereita á ezquerda cunha facilidade pasmosa, proba desa facilitade vese na foto superior onde por aquelas datas como teniente de alcalde do goberno do rexime presentabase como un dos mais incondicionais do franquismo, ainda debenlle soar aqueles berros de “bravo machiño” escoitados naquela inauguración aló polos primeiros anos 70.

A claridade de ideas non só vese nese cargo de tenente de alcalde do rexime, pese a que él mesmo afirmaba fai pouco que non fora franquista sinon unha víctima, cando un mes despois da morte do dictador de Ferrol o sr. Agras solicitaba por escrito unha placa conmemorativa da estadia do dictador na vila de Pontedeume, curiosa actitude para un suposto antifranquista.

Pero claro os tempos corren que da gosto e chegada a democracia, o sr Agras cambiou de chaqueta e presentouse as eleccions esta vez democráticas baixo a bandeira do PSOE, perdido o favor de Sardiña mesmo nos conta como ao seu bar chamabanlle a moncloa, e persoeiros como Paco Vazquez achegabanse moitas veces a “amañar” o pais, tamen pudemos ver como anos despois o nomeado Vazquez “amañou” tan a fondo o seu peto que tivo que sair correndo a purgar os seus pecados ao Vaticano.

Pero os tempos gloriosos do socialismo foron decaendo ou quizas foron arrinconandó e o sr Agras veu que era mais rentable navegar só que mal acompañado veuse forzado ben entrados os 90 sair do carro do PSOE e buscar mais protagonismo presentandose como independiente, a importante experiencia no pasado mamada de franquismo e vazquismo podia ser unha boa base para exprimir Pontedeume, e así o fixo nesta última lexislatura onde vendendose a cambio de varias carteiras municipais colocou o tripartito no goberno.

Conseguiu a carteira de servizos e comercio, un precio algo alto pagado polo BNG e PSOE para alcanzar o poder, pero o sr. Agras foi quen de exprimir a fondo. Axiña renunciou a carteira de comercio, “por motivos persoales”, mais ben porque lle exixia viaxar fora e a verdade non lle debia ser rentable como a de servicios.

Como concellal de servicios as suas actividades son moi recoñecidas, chega con botar un vistazo ao servizo de recollida de lixo, o estado das ruas, suministro de auga, saneamento ou a depuración no concello para valorar na sua xusta medida a sua enorme capacidade e profesionalidade pero por enriba destas minucias o mais destacable e a sua amistade co aparellador municipal ou constructores e promotores achegados á vila, da que nesta lexislatura brotaron grandes obras, mais que grandes, xigantescas obras como Caldagueiro ou o edificio de Correos. O sr. Agras e ben coñecido por todolos veciños polos seus esforzos e os seus continuos “favores”, é un concellal de guardia as 24 horas do día como publicita nesta campaña electoral, todo un exemplo do manual de bon cacique que debe andar por algunha das suas estanterias. O exemplo mais claro deste tipo de desvelos polos veciños debe ser abrir a alameda como aparcadoiro de vehiculos, decisión propia (como aquela da placa de Franco) que moitos “mal pensados” dixeron que fora por favorecer a unha cervexeria aberta enfronte, curioso que agora o propietario deste local se presente como numero dous na lista, supoñemos cousas do azar.

O programa de IeP, centrase no eslogan "Aspiramos a todo, queremos gobernar, pero sólo vosotros podéis darnos la alternativa”. Supoño que ao sr. Agras non lle chegou o obtido nesta lexislatura, pese as “rendabilidades” de ter votado recientemente a favor na comisión de goberno varias urbanizacións na costa eumesa dende Centroña a Perbes, co apoio do actual alcalde e o liberado concellal de urbanismo do BNG, vaia trio. Todo un precendente do que pode chegar a facer este gran político si se lle da unha nova oportunidade.

Entre outras cousas ofrecianos nas pasadas eleccions un aparcadoiro soterrado na Praza do Conde, agora sei que vai ser no parque Sarmiento, parece que nos quere tirar o pabellon de deportes e facer unha cidade deportiva en Campolongo, e como non un porto exterior en Pontedeume (tamen poderia poñernos unha miniplanta de gas), así como unha zona de pubs nos almacenes, supoño que estos van ser xestionados polo hosteleiro numero dous da lista, dende logo estas grandes ideas mais o servizo de guardia de 24 horas proposto polo aspirante a alcalde (supoño que prioritario para promotores cun bono para obras ilegais) debe ser sin dubida unha gran oportunidade que Pontedeume non debe deixar pasar.

Dende logo como conclusión podese decir que hai quen naceu sin vergoza e o sera así toda a vida, pero o peor é quen está disposto a pactar a calquer precio, chamemoslles Rei ou Vilariño, supostamente de ezquerdas, ainda que non se debe desprezar a escasa capacidade mental de quen a estas alturas está disposto a votar por semellante elemento. Agardemos que finalmente entre algo de cordura nesta vila e este individuo desapareza da vida política dunha vez. Por suposto que agarde sentado polo meu voto que igual se vai cansar.




5 Comments:

Blogger Nolo said...

Moi bos os tres ultimos articulos, creo que despois disto queda claro que Pontedeume necesita un cambio. Teño esperanzas que o PP chegue ó poder, ou tamen o COE, polo menos teriamos algo novo, ou eso espero..

22:25  
Anonymous Letizia said...

Yo deseo,espero, que desaparezca de la vida polìtica.No me resulta empàtico,me parece un cacique y "algo " tacaño desde que me enterè que èl es responsable de que en el jardìn haya tres columpios.Què es un incompetente salta a la vista con pasear por las calles llenas de mierda.Una vez màs y por primera vez en este blog.ABAJO IP!!!!!!!!!!!!

00:05  
Anonymous Anónimo said...

Muchos del bloque, del psoe, del pp, del Coe, fueron con la banderita franquista al puente de piedra hace 30 años a saludar al caudillo en su paso por nuestra villa.

Yo recuerdo perfectamente los gritos de Franco Franco Franco. estábamos en una Dictadura, vivíamos en ella.

Fraga fué ministro franquista y en la democracia se presentó a diversas elecciones. El aceptar el paso a políticas en las que todos contamos emitiendo nuestro voto, legitima a todos a los que la ley permite presentarse.

No veo muy claro que esa foto que expones sea democrática, más bien lo contrario, pues intentas desprestigiar a un miembro de la corporación municipal que fue elegido por una parte de la población y formó parte de un gobierno local reglamentario en base a normas escritas y totalmente legales.

Si le votaremos o no será por su manera de trabajar para el pueblo y no porque hace 35 años estuviese en una reunión en la misma habitación que el enano del bigote(no me refiero a Aznar). ¿Crées que todos los que estaban allí eran como él?, yo no y Chacho, desde luego que tampoco.

10:53  
Blogger PREGOEIRO said...

O Sr Chacho desprestixiase el soliño(como si algunha vez tivese prestixio), pareceme que solicitar unha placa conmemorativa un mes despois da morte do dictador na que se recordara a estancia deste non me parece dende logo de alguen que repudiara o franquismo. En canto a maneira de traballar polo pobo, xa vemos os resultados, sendo o concellal de servizos non fixo absolutamente nada nestos catro anos, so tes que ver as ruas ou a limpeza, o único que lle interesa son os trapicheos nas contratas e as relacións con certos promotores. A estas alturas de esto que chamamos democracia é indecente que Chacho ainda sobreviva politicamente. E por favor non me fales de Fraga, que descoñece o que é a palabra democracia vaia exemplo ou mais ben exemplar, unha das cousas que mais me repudia do PP é que ainda nestas eleccións o saquen a ventilar por todolos concellos de Galicia como si fose o corpo incorrupto dalgun santo.

11:20  
Anonymous Anónimo said...

No teneis ni puta idea de nada, por que no os presentais todos los que hablais aquí si sois tan listos.

00:27  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home