Análisis electoral
Estos días posteriores as eleccións están provocando curiosas reaccións, por un lado temos a lóxica reacción dos partidos do goberno actual ao perder as eleccións, o BNG despois de perder 237 votos, e o mais importante 1 concelleiro, fai unha primeira valoración curiosa: “ En principio asumimos a incidencia dos seguintes aspectos: a) unha mala negociación do pacto en 2003, cunha distribución de áreas que non nos beneficiou; b) sermos contemplativos coa desfeita na área de Servizos sen reaccionarmos a tempo; c) toda a problemática derivada da situación urbanística e da súa xestión”.Dende logo a negociación do 2003 foi nefasta, non só unha mala distribución de áreas, o mal está en ter pactado co sr Chacho, é impresentable presentarse como una forza progresista é facer este tipo de pactos “a calquer prezo”. En canto á postura contemplativa, habería que decir que non fuchedes quen de pararlle os pes a Chacho, temas como abrir a Alameda ao tráfico ou o asunto da falta total de limpeza e deficiente recollida do lixo nesta vila e parroquias son totalmente impresentables, levo anos sin ver un barredeiro barrendo as ruas, 6 empleados para o lixo é en turnos de día (A raíz de la aprobación de la Relación de Puestos de Trabajo (RPT), los operarios de la limpieza se quedaron sin plus de nocturnidad y de festivos, lo que supuso un recorte salarial mensual de 300 euros y un cambio de horario. Dejaron la noche, cuando dicen es más fácil circular, para trabajar durante el día) ¿que tipo de xestión é esta?¿Por que nos se rebaixou o salario Belarmino ou Rei. Pero o tema central é o que chamades problemática urbanística, aquí ainda mais indecente cando vosoutros os encargachedes desta carteira, recordar que foi catastrófica, comezando polo mesmo representante comarcal do BNG é a sua casa en zona de costas, á defensa numantina da obra de Caldagueiro e D. Pablo, ocultando durante meses el informe del nuevo arquitecto municipal sobre esta última, e as sospeitas mais que fundadas de que varios persoaxes do concello tiñan propiedade nesta última obra, algún mesmo do BNG. Pasando polas vivendas en Centroña (parentes de Rei), Vizús e Boebre, para rematar cun intento in extremis de recalificación en Andrade, e duas macrourbanizacions en Boebre é Ber, aprobadas fai escasamente un mes pretendendo saltarse a Lei de Protección do Litoral. Todo un exemplo de urbanismo sostible, pasando pola redacción dun avance de PXOM, ainda colgado en Foremdes, dos mais salvaxes de Galicia.
O BNG e os seus representantes locais gañarón a pulso sair do concello, a sua prepotencia é oscurantismo foron sobresalientes, a incapacidade para os postos era patente, e non é algo desta lexislatura senon que ven de lexislaturas anteriores, a postura favorable a un novo pacto con Chacho despois desta lexislatura era mais que impresentable. As urnas expulsaron ao numero tres da lista (Emilio), e sacaron da poltrona a un Rei que estaba mais preocupado por reformar a casa consistorial para estar cómodo que polo estado das ruas é os servicios básicos desta vila. O BNG ten que despertar e ser capaz nestos catro anos de aprender dos erros, formar e renovar os seus candidatos cara as próximas eleccions, do contrario remataran por desaparecer do panorama local axiña.
NO caso do PSOE, a segunda forza do tripartito, as eleccións tamén foron un fracaso, un equipo para o suposto cambio pero que perdeu nas urnas 215 votantes, e non perdeu un concellal porque o terceiro o acadaran sobrados nas anteriores eleccions.
Neste caso o partido ainda non tivo o detalle de facer unha reflexión, non entraba nas contas perder algún xa se veia co bastón e sueldo de alcalde, pero o que está claro é que por un lado a renovación foi insuficiente, cun Vilariño salpicado por actuacións urbanisticas de oito anos como concellal de urbanismo (1995-2003), é un castigo lóxico por ocupar a alcaldía durante vinte anos, cun alcalde totalmente impresentable. As mostras de oscurantismo no mandato do PSOE foron notables, tanto na contratacion de persoal, servicios, xestión, obras, como na relación cos veciños, negando sistemáticamente o acceso aos expedientes públicos do concello, o caso mais recente é a negativa a dar información sobre os novos presupostos municipais á asociación de veciños de Pontedeume. Claramente o goberno do PSOE se caraterizou polo nepotismo e despotismo, esto tiña que repercutir finalmente na decisión do electorado que non entende que estos últimos 20 anos fosen dun goberno de ezquerdas.
O terceiro en discordia é IeP, neste caso o golpe tamen foi forte, perdendo 104 votantes (un porcentaxe moito maior cos outros), magoa que non perdera a sua acta de concellal, as valoracións do sr Chacho as podemos ver reflexadas como de costume na Voz de Galicia, que parece o seu voceiro persoal mais que un xornal librepensante:
“Manuel Agras, de IEP, replicó ayer a las declaraciones realizadas por el líder del BNG, Manuel Rei, en las que reconocía que la deficiente gestión de servicios como la recogida de basura se había reflejado en las urnas. Agras, edil de Servicios, aclaró que el gobierno local se ha perdido a causa del descenso de votos en el BNG y la pérdida del tercer concejal.
Además, explicó que en la gestión del servicio de recogida de basura «me hacían falta más medios y personal y él no me apoyó», dijo Agras refiriéndose a Manuel Rei.
El aún edil de Servicios, Manuel Agras, se mostró indignado con estas declaraciones; recordó que había sido el Bloque el que había perdido un concejal y que la dedicación exclusiva de la que goza Manuel Rei había generado malestar entre la ciudadanía.
El edil independiente recordó que en la gestión municipal tampoco funcionó el área de Urbanismo, en manos del BNG.”
Despois de ler estas declaracións un felicitase de que o tripartito non repetise de novo, as declaracións post-electorais deixan ben claro en primeiro lugar que o sr Agras ten a cara mais dura cunha roda de muiño e por outro as notables desavencias dos compoñentes do contubernio, que eran xa evidentes neste últimos anos.
Os motivos da debacle electoral da ezquerda está clara, por un lado un BNG que despois dunha xestión nefasta non procedeu a sua renovación completa, dende logo o BNG tiña que en primeiro lugar negarse de entrada a un pacto con Chacho no 2003, en segundo lugar tiña que ter reprobado a Belarmino fai mais dun ano cando se descubriu que lles ocultara a orde de paralización de Caldagueiro, e en terceiro lugar tiña que ter expulsado do partido fai meses ao Sr. Regueiro. Polo contrario o BNG local estivo toda esta lexislatura mentindo e ocultando as licenzas ilegais que concedera o sr Rei como compoñente da comisión de goberno na lexislatura anterior, e concedendo outras peores, chamemoslle Caldagueiro ou D. Pablo, e como guinda ao pastel de despropositos presentan como candidatos aos mesmos que xa estiveron participando en todas estos desastres. ¿Qué agardaban?.
O caso do PSOE e tamén evidente, a lista que presentaron non era axeitada, falta de renovación, non se pode esperanzar a unha vila cun candidato que formou parte da corporación durante oito anos como concellal de urbanismo participando en mais dun desproposito urbanístico. Quizás o gran erro dos socialistas foi manter tantos anos a un Belarmino impresentable, un alcalde totalmente afastado da realidade e digno herdeiro do estilo Sardiña. Pode ser que Vilariño tivera cabida como alternativa no 1999, pero moitos votantes tiñamos claro que no 2007 non.
Os resultados electorais do tripartito de suposta ezquerda son claros, ainda que alguns lles está costando dixerir a derrota, mais dun (chamemoslle Emilio, Rei, Vilariño ou Chacho) ten que refregar os ollos todalas mañas para creelo, pero o evidente é a perda de 556 votantes directos, mais os 351 perdidos dos que 241 son en blanco, a maioria de quen repudiando a ezquerda local non están dispostos a votar á dereita. Un auténtico colapso para a suposta ezquerda en Pontedeume.
Agora toca ver si o PP+COE son quen de solucionar alomenos parte dos problemas urxentes da vila, teñen dereito a un voto de confianza, así o decidiron as urnas. En canto á ezquerda sonan cantos de sirea, e alguns empezan a falar do evidente, fai falla unha ezquerda nova en Pontedeume ou polo menos é necesaria unha renovación total de quen a levou ate este lugar. Pontedeume leva décadas aletargado, tres alcaldes en 67 anos non é normal. Temos catro anos por diante, o tempo dirá.

13 Comments:
Un análise ben sinxelo de facer, sen dúbida. A min o que máis me amola de estas cousas é que penso que se está a falar demasiado de esquerda e dereita e que a xente o ten moi en conta á hora de votar nunhas eleccións municipáis.
Está claro que tanto PP, como PSOE, como BNG teñen os votos dos seus incondicionais cegados que non ven máis alá e pensan que o seu partido é o mellor e o que solucionaría todos os problemas independientemente de que esté Sardiña, Belarmino ou Rei (¡qué tres persoeiros tan parecidos!). Éste é un gran mal que ten esta sociedade e que sempre terá e pouco poderemos facer.
Sen embargo, eu creo que a xente sensata é a que ten que favorecer o cambio e que as cousas saian ben. Un pode ser simpatizante do BNG porque as súas crenzas son as que máis se asemellan as súas, pero eso non quere dicir que as crenzas de Rei sexan as mesmas e teña que votalo. Ó igual que podes pensar que a dereita do PP é o peor que lle pode pasar ó goberno de Galicia, pero iso non quere dicir que Bel sexa un cacique e vaia afundir máis ó concello. O que quero dicir é que nun pobo débese votar ó candidato e non ó partido. Podes ser moi roxo, pero si queres ó teu pobo non debes votar á "esquerda" que temos en Pontedeume.
Agora tivemos o cambio gracias a deus pero... ¿e si non fose así? Houbo demasiados votos en branco e votos nulos. Como ti ben dis, moitos de xente de esquerdas que sabe o que hai e non votou ós seus, pero tampoco quería votar á dereita ou ós inexpertos ou frikis como se lles chama por ahí ó COE. Se non houbese cambio, eses votos terían parte de culpa dos futuros caldagueiros que poudera haber. E seguro que hai moitos fusquenlla que non votaron. Amigos, se protestades co que pasa e logo non votades polo cambio creo que non é xusto. Máis vale votar ó menos malo que non votar e poder favorecer ó tripartito cacique. Ademáis, non só nos libramos do lastre do tripartito nestas eleccións sinon que xa non tiñamos a Sardiña ahí. Agora está Bel que persoalmente píntame bastante ben.
E agora parece que está a nacer "Esquerda Eumesa"... A boas horas!! Digo eu que un pouco tarde, ¿non? Ademáis, penso que o que ten que facer a esquerda de Pontedeume e intentar facer unha oposición interna nos partidos cos que simpaticen. Que os galeguistas de Pontedeume lle den un toque a Quintana contando o que ocorre ou que os socialistas presenten unha candidatura alternativa e intenten facerse co control do PSOE local. O que non ten sentido é sair agora que a "esquerda" perdeu as eleccións e montar unha nova agrupación. Primeiro porque penso que antes de montar un partido débese esperar a ver como o fan os novos inquilinos do concello. ¿non? Voto de confianza señores! Pero claro... por moi ben que o fagan haberá moitos que nunca votarán a dereita... é o noso gran mal.
PD: Da gusto lerte ;)
estou de acordo en parte, explícome:
- se o BNG e o PSOE tiveran o voto asegurado dos seus incondicionais seguirían a gañar en Pontedeume, non fomos poucos votantes adicionais da esquerda que o día das eleccións votamos en branco, nulo ou quedamos na casa.
- tes razón que é un pouco precipitado argallar un novo partido de esquerdas, pero o que se falou polo intre foi de crear unha corrente de opinión, colectivo... non un partido político; pero vendo como tomaron as cousas os perdedores, a súa nula capacidade de autocrítica e tendo en conta que teñen controladas as agrupacións locais pode ser unha idea moi válida cara o futuro, ¿por que non?
Se eses 1100 ou 900 votos non che parecen votos de incondicionáis... jeje. O que quero dicir é que pase o que pase sempre terán uns cantos votos tan só polo nome do partido. Ainda que se presentase Sardiña habería xente do PSOE que o votaría igual xD Non quería decir que todos son incondicionáis. Gracias a Deus non é así e de ahí o cambio.
En canto ó da esquerda o que me parece é que se pode considerar ou precipitado ou tardío. Quero dicir, que quizá deberon nacer antes para facerlle a oposición a "esquerda" local. Pero si saen agora, me parece precipitado porque non sabemos o que vai pasar co actual goberno, no que despois de estes 20 anos, teño especial confianza. O que eu penso que sería mellor é que esa esquerda intentase botar de ahí a Vilariño ou/e a Rei.
Saudos.
Xa estamos outra vez cos círculos de opinión. E a continuación, qué vos parece se inundamos o pobo con pasquins denunciando os seus males?
Pois se un grupo fai o do COE (e o di un votante do COE), denunciando as deficiencias do Concello como viñan facendo eles ata agora, están no seu dereito e ata o vexo positivo. Está ben a crítica para que espabilen os que teñan que espabilar. O que eu penso é que para iso é necesario dar unha marxe de confianza e esperar a ver como se pon en marcha o concello (parado durante tantos anos), que os cambios non veñen da noite á mañá.
tal e como o vexo eu a iniciativa de crear unha nova agrupación (partido político ou non) ten unha dobre intención:
- estou de acordo en que habería que botar de ahí a reises e belarminos, pero daraste conta de que non é tan doado, xa que estes manexan os resortes do poder interno nos seus propios partidos, ademáis para facelo hai que ser afiliado e, polo menos no meu caso, non o son de ningún.
- por outra parte trátase de facer oposición ao novo goberno da dereita, entendendo como oposición o obrigado deber de vixiancia respecto das actuacións do goberno municipal, non o de protestar por protestar; este traballo penso que é importante e necesario, pois non podemos delegar a súa realización a quenes dende o anterior goberno amosaron tal grado de ineptitude.
En canto o de que a iniciativa chega tarde, completamente de acordo, pero máis vale tarde que nunca.
E, por outra bando, o de que chega cedo, pois tamén de acordo, hai que deixar andar e facer as cousas con tranquilidade, pero facelas.
un saudo
Por fin, un blog no que da gusto intercambiar opinións :D
Estamos bastante de acordo entón ;)
Por certo, que co tema do anónimo e tal non aclarei. Son a mesma persoa menos o de "Xa estamos outra vez cos círculos de opinión..."
Ah, se me olvidaba!
No análise falas dos claros motivos polos que perdeu votos a esquerda, pero tamén hai que ter en conta que con Sardiña quizáis o cambio non se houbese producido. O alo menos, desta maneira.
Se o PP gañou un concexal máis non é só pola perda dos da esquerda, senon tamén por non estar ahí Sardiña. Preséntaseme unha dúbida entón... ¿Se estivese Sardiña sería o COE o que sacase 4? Penso isto porque sé de moitos votos que perdeu o COE en favor do PP debido á marcha de Sardiña, e supoño que os recuperou porque en 4 anos é máis xente xove a que pasa a votar que raramente son de dereitas, algún saberá o que hai e o que ocurre neste concello, e como fai ilusión votar por primeira vez acuden ás urnas e tócalle ó COE, que "mola" como mete caña.
a miña opinión, totalmente modesta e totalmente persoal, é que o grande viveiro dos votos do pp e do COE é a mesma, e se chega a estar Sardiña moitos máis votos vascularían a favor do COE.
Agora ben, non coñezo polo miudo o funcionamento interno do PP municipal, polo que pregunto: ¿podemos estar seguros que non é Sardiña que move os fíos?
non é unha pregunta capciosa, porque repito sinceramente que descoñezo a situación interna do PP eumés.
Nesta análise faltan datos elementais. Pero as lecturas soen facerse de forma interesada. É chamativo que o autor, a pesar de que lle da un voto de confianza á nova corporación, non di nin unha soa palabra acerca da labor de oposición que estes grupos fixeron -mellor dito, non fixeron- ao longo destes anos.
No caso do COE, do que vexo que hai aqui incondicionales, coincido cun comentario anterior que falaba dos seus anónimos. É proba da súa nula preparación o estilo e o contido de ditas follas parroquiais. Pódese obxetar que alomenos un podíaste rir un rato: porque as demostracións de incorruptibilidade por negarse a seren comprados a cambio do posto de chimpineros son patéticas. As declaracións do seu responsable na prensa durante a campaña, desgranando un programa electoral cuxos eixos eran "solucionaren os problemas dos veciños" son dun alumno repetidor da ESO. As críticas ao goberno municipal ao longo destes anos parecían propias de berriches de adolescentes. A súa ignorancia con respecto aos problemas urbanísticos é patente (anque creo que contan con algún asesoramento técnico de terceira fila), como demostra o feito de que votaran a favor da recalificación de EINSA sen saber de que ía a cousa. Descoñécese, fora de ese xenérico "amañaremos os problemas do vecindario", en qué consiste o seu programa. Poucas son as mensaxes cos que calou na xente, ademáis do Beirarrúas xa!
Eu son o anónimo que máis escribiu aquí, votante do COE nas dúas últimas eleccións (e nas únicas que puiden votar) pero non porque me entusiasmase o seu programa ou porque os creía os mellores, senon por falta de alternativas. Prefiro un mal político que un bo político corrupto e a súa oposición pode ser cutre, pero é a única que tivemos.
Agora ben, de acordo con Antonio en que non podemos asegurarnos de que Sardiña non mova fíos, pero esperemos que á súa idade sexa xa un cacique xubilado. Eu confío en Bel, polo menos paréceme boa persoa, aunque ás boas persoas é máis facil engañalas.
perdoa que desinta: unha cousa é ser boa persoa e outra parvo.
Bel ten de parvo o que teño eu de modelo de penhouse.Pero como o tempo é o único que poderá contrastar a sua eficacia, teñamos un poquiño de pacencia.
A xente vota a quen lle parece, pero tamén por desgana, cansada de enganos, de falsas promesas e de xestos impropios de gobernantes que terían que resultar máis cercanos á xente, e un pouco menos a determinados constructores.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home