22.7.07

Censura

Unha vez mais a famosa censura volve a escena, en pleno século XXI segue mais sana que nunca, en realidade nunca esquecimos a sua existencia, casos recentes que podemos recordar son a silenciada de Ignacio Ramonet e Ramón Chao en La Voz de Galicia, o recorte das declaracións de "Supergarcia" en El Loco de la Colina, mesmo os anuncios publicitarios de Dolce & Gabbana censurados polo suposto ataque a dignidade femenina, ou aquelas protestas polas caricaturas de Mahoma, outros moitos surxen todolos dias pero quizas o recente secuestro xudicial do xornal "El Jueves" por orden do xuiz Del Olmo, sexa unha das mais cómicas.
Evidentemente estrano que neste pais "de paises" a familia real siga tratada con panos quentes, pero o realmente preocupante é que a actuación do xuiz Del Olmo debese a orde directa da Fiscalia Xeral do Estado, lease Conde Pumpido, onde novamente podemos comprobar as arbitraridades e estranas preocupacions desta Fiscal. Sería mais interesante que esta Fiscalía se interesase con mais "celo", co da caricatura, a perseguir a políticos corruptos, promotores delincuentes, narcotraficantes, terroristas, cacos, defraudadores, negreros do século XXI, ou quizás se preocupase mais por ver que pasa en moitos concellos deste pais onde os politicos non fan mais que saquear por activa ou pasiva as arcas municipais.

Ainda que parte deste último problema non só se debe ao poder xudicial seno ao lexislativo, e digo lexislativo porque algo de lexislación falta cando os cargos politicos electos nos concellos deste pais fixanse a si mesmo os salarios, a recente publicación do salario do novo alcalde de Ferrol de 73000 euros anuais (+plenos+comisions de goberno+dietas) un 40% mais co anterior debe deixar a moitos perplexos, vaia socialismo-comunismo que amosan, ao que se deben sumar os 50000 euros por cabeza dos catro principais ediles do goberno, ainda que tampoco deixan de ser curiosos os 30000 euros anuais do voceiro da oposición, o que non deixa dubida algunha que esto da política realmente convertiuse en algo mais que vocacional.
En Pontedeume a mes e medio da constitución da nova corporación ainda descoñecemos dedicacións e salarios, ainda que o run-run da rua deixa entrever que hai mais dun serio desencontro para a sua fixación, agardemos que as críticas pre-electorais e promesas electorais se manteñan, e neste concello se antepoñan os intereses xerais aos persoais, podiamos remantar decindo que non estaba mal algo de autocensura.

1 Comments:

Anonymous roi xordo said...

está é, por desgracia, a democracia española que na galiza coñecemos tantos, non sei a que ven de súpeto tanto abraio

09:55  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home