AUTOPISTA OU CIRCUNVALACION
Moito se leva falado sobre os problemas de trafico en Pontedeume, coas continuas retencions xa históricas, fai anos se plantexou como un problema a resolver coa construcción da autopista hasta Ferrol, o outro elemento supostamente “vertebrador” era a rotonda de Cabanas. Pero unha vez construida a autopista co conseguinte gasto publico e o notable impacto medioambiental, resulta que a gran solución ao problema do trafico non foi tal, o evidente é que as retención seguen e testigo das mesmas e a xente que a diario ten que viaxar de Ferrol a Coruña e a desesperación de tempo perdido nas continuas retencións, por non falar xa do suplicio que é chegar a Coruña mesmo dende Pontedeume.Dende fai anos se esta falando de novas solucións para este eterno problema, agora seique vai ser a construcción de duas rotondas en Pontedeume e un paso subterráneo, mais un recheo do porto local. Parece que eso vai ser a solución máxica que vai eliminar as retención de vehículos que acceden dende Miño pola costa, e mais pola estrada nacional VI.
E curioso que sempre se busquen solucións parciais que finalmente resultan insuficientes porque estan sobrepasadas xa antes da sua concepción, por non recordar esa rua proxectada por medio da ladeira de Breamo, a mais descabellada entre os despropósitos do anterior goberno local.
Quizás habería que facer un plantexamento mais sinxelo pero menos localista, deixarse de mirar tanto o ombrigo e levantar a vista, a solución non é outra que os concellos do Norte da provincia da Coruña, dende Miño a Viveiro reclamen a liberación do peaxe da autopista do atlántico dende Fene a Miño, cando menos, porque está claro que coas tarifas abusivas actuais a autopista esta lexos de cumplir co obxetivo social co que se supón que se construen as obras publicas, para convertirse nada mais que nun pingüe negocio para empresas privadas.
Dende logo non é de recibo unha tarifa para turismos fixada no tramo de Fene-Pontedeume en 0.65 €, Fene-Miño en 1.45 €, ou o xa desorbitado Fene-Coruña en 3.35 €, e ate agora non se escoitou unha queixa por parte dos concellos da zona, sopoño que como eles se desplazan cos gastos cubertos polos contribuintes non deben ter problema.
Vai sendo hora cos concellos da comarca se plantexen unha reivindicación conxunta para reclamar oficialmente a liberalización da circunvalación real das vilas da comarca, que non é outra que a autopista. Si nas rias baixas o conseguiron coa ponte de Rande, por que non vamos a reclamalo aquí. Hai que empezar axiña.
AUTOPISTA LIBRE DE PEAXE ¡¡XA!!

1 Comments:
É tamen mirar curto -pero isto é España- creer que a solución virá da man da gratuidade da autopista. Pensando en termos metropolitanos, e xa sei que non estou descubrindo nada novo- unha solución interesante é a potenciación do tráfico ferroviario: mellorar a rede, incrementar as frecuencias, anque supoña un gasto, a durto prazo servirá para: desconxestionar as estradas comarcais de tráfico automóbilístico, reducir a emisión de gases contaminantes, mellorar a accesibilidade e a conectividade, evitar o colapso das grandes urbes, reducir o número de accidentes de estrada e introducir hábitos responsables e ecolóxicos de consumo. O beneficio parece claro.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home