O CEMENTERIO ESQUECIDO
As fotografias superiores pertenecen a novo cemiterio municipal da vila de Pontedeume, porque si señores hai un novo cemiterio municipal ainda que a sensación é que como moitas outras cousas nesta vila está esquecido da man do señor, e neste caso non nos referimos á man do Supremo Hacedor senon a una mais terrenal e con mais posibles nestos eidos.Moito poderiamos falar do desatino do emprazamento elexido para dito cemiterio, e moito máis sobre a escasa funcionalidade, a falta de aparcamento por exemplo, algo que parece crónico nesta vila e que nin cando se proxecta un novo recinto se dimensiona axeitadamente, a propia existencia duns panteóns interiores tipo catacumba que o concello non e capaz de vender, o que impide a ampliación das instalacións, unha capela que carece de funcionalidade algunha, e para rematar as instalacions nunca tiveron auga nin electricidade.
Pero bueno o mal ven de atrás e agora en alguns casos non hai remedio, pero o que indigna é o estado de abandono destas instalacións, algo tamén crónico herdado da anterior corporación e que a nova non parece capaz de remediar cando xa cumplimos os 90 dias de mandato, quizás simplemente esqueceron que dito cementerio é de titularidade municipal ou pode que non figure na lista de bens do concello, pero mais que indignar aos que tristemente habitan estos bloques é aos familiares a quenes nos parece impresentable o abandono total das instalacions.
O mais extrano do asunto é que o concello de Pontedeume ten un empregado encargado do mantenemento do cemiterio municipal, pero semella que non debe ter instruccións de achegarse as instalacions de Breamo, doutra maneira non se entende este abandono. Non parece tan complicado tomar unhas medidas inmediatas para dotar dun estado minimamente digno e de respeto a este recinto:
- Cortar a maleza que xa alcanza mais dun metro.
- Cortar a maleza que xa alcanza mais dun metro.
- Recortar os setos da entrada e limpar as beirarruas.
- Reparar as losas levantadas do pavimento que levan un par de anos na mesma situación.
- Limpar con auga a presión o formigón e enlosado (cun camión cisterna xa que non hai acometida).
- Retirar as farolas deterioradas.
- Pintar as portas de entrada do recinto.
- Dotar de auga e electricidade as instalacións.
- Mellorar a capacidade do aparcamento e repoñer os enreixados dos sumidoiros que son un peligro para os peóns e vehiculos.
Non fai falla moita imaxinación, non hai que convocar ningún pleno nin comisión de goberno, non hai mais que darse una volta polas instalacións e dar as ordenes pertinentes a os traballadores do concello, que para eso cobrar a fin de mes, xa veremos si con esta "rogatoria" de aquí ao primeiro de novembro se pode facer algo. Agardemos que non teñamos que facer a rogatoria ao "Chacho de turno" que semella o método clásico nesta vila.
Non fai falla moita imaxinación, non hai que convocar ningún pleno nin comisión de goberno, non hai mais que darse una volta polas instalacións e dar as ordenes pertinentes a os traballadores do concello, que para eso cobrar a fin de mes, xa veremos si con esta "rogatoria" de aquí ao primeiro de novembro se pode facer algo. Agardemos que non teñamos que facer a rogatoria ao "Chacho de turno" que semella o método clásico nesta vila.

3 Comments:
Os traballadores do Concello teñen o vicio metido no corpo, eso de traballar xa o teñen esquecido.
trabalhar sí que é un vicio
ademáis os mortos non votan
Publicar un comentario en la entrada
<< Home