A REMODELACIÓN DO PORTO
Onte demarcación de Costas presentou o proxecto para o porto de Pontedeume, semella que tarde mal e arrastro e ben parece que polas presións que empezan a ter tanto polo actual goberno local como por diferentes colectivos. Polos artigos de prensa o resultado non parece que fora o agardado por Costas, si nos atemos ao contido do Ideal Gallego de hoxe a postura da alcaldía semella totalmente oposta a Costas. Pouco a pouco vamos vendo como a fachada marítima de Pontedeume esta sendo modificada sin consultar en absoluto aos veciños, e polo pouco que vamos vendo as decisións non parecen moi acertadas, en todo caso os proxectos nin son expostos ao publico antes de executarse o que parece claramente unha imposición onde non parece que poidamos opinar sobre os temas que nos afectan.
Curiosamente parece que a vila de Pontedeume estivera sempre gobernada dende fora, por un lado a Conselleria de Educación renova onde e como quere o colexio, penso que moi desafortunado o emplazamento, outros casos fallidos foron no seu dia o emplazamento do instituto e hostería totalmente erróneos e ocupando ao máximo uns terreos moi necesarios para a vila, é evidente que á consellería importalle pouco como se dispoñan as construccións, para eso deberian funcionar os gobernos municipais dando alternativas para evitar desfeitas. Por outro lado temos a Portos coa construcción dunhas novas lonxas para os pescadores e unha, polo momento descoñecida, pasarela polo porto que parece que vai continuar ate Centroña o que sin dubida vai danar considerablemente a costa. O terceiro en discordia parece ser Fomento e as suas rotondas con paso subterraneo incluido. Demasiadas intervencións inconexas que teñen a pinta de ser mais unha catastrofe que unha solución para os problemas da vila.
Analizando o estado actual o evidente é que o porto de Pontedeume ten problemas graves que as actuacions programadas non parecen que vaian a solucionar, a primeira é a propia accesibilidade ao porto totalmente estrangulada pola Casa do Mar e que produce uns problemas moi importantes de conxestión coa Avd de Lombardero, sobre todo as horas de entrada e saida do colexio, así como os dias de feiron.
Por outro lado Pontedeume carece de aparcamentos, outro dos eternos problemas da vila, pero tamen hai escasez de plazas de amarre para as embarcacións recreativas, asi conseguir unha plaza no pantalan semella tarea imposible.
Pontedeume tamen carece dunha grande superficie libre, cousa que se evidenciou de novo este ano nas festas das peras cando as atraccións colapsaron todos os ocos da vila.
A proposta do goberno actual, evidentemente no aire e sin plasmar no papel, en certa medida pode dar solución a varios destos problemas, cun recheo da zona do porto como o que se representa na foto superior conseguiríamos dar solución a moitos problemas actuais:
1- Continuación do paseo marítimo cun paso subterráneo debaixo da ponte, (unha proposta anterior do PSOE que agora rexeita como si do diaño se tratase), continuaríamos tamen o carril bici, e non parece unha mala maneira para conectar Ricardo Sánchez co colexio sin ter que cruzar a estrada, sobre todo si van eliminar os semáforos coa construcción das rotondas, literalmente se podería ir dende Nogueirosa ate o colexio tanto a pe como en bicicleta sin cruzarse cun coche.

2- A nova imaxe do porto sería en gran parte o propio paseo que tería unha banda vexetal con arbores que separaría a zona peatonal dos vehículos.
3- Teríamos un novo acceso e saida ao porto, cuestión fundamental dado o importante problema de acceso actual, este quedaria só como entrada secundaría. No acceso novo teriamos doble sentido de circulación ate a Casa do Mar, sendo único no resto en sentido anti-horario.
4- Esta solución dotaría dunha grande explanda á vila, onde se poderían instalar sin problema todas as atraccións nas festas, un posible emplazamento alternativo para o feirón librando do caos dos sabados a zona da Plaza do Conde, e en todo caso unha enorme explanada para aparcamento de vehículos, concertos....
Estos parecen os elementos a favor, en contra estaría o suposto impacto que podería producir o recheo nos bancos marisqueiros, ou na reducción do perfil do canal da que fala Costas, argumentos que perden peso cando o ano pasado xa se fixo o recheo de parte do porto onde o canal si é estreito, ou fai uns anos o propio paseo marítimo na zona de Ricardo Sánchez actuacións que non parece que perxudicansen en gran medida a actividade nin o caudal do canal, a verdade e que polo menos a excusa de Costas sobre o canal mais ben parece unha tomadura de pelo.
Quizás a proposta do concello exixa un estudio profundo, pero posiblemente no sexa tan desafortunada, sin dubida podería aportar solucións e dar continuidad a varias actuacións inconexas en marcha, pero claro si o porto de Pontedeume non pertenece a Pontedeume eso é outra cousa, ¿non?.
Finalmente decir co que pretende facer Costas non parece outra cousa que maquillaxe que non vai resolver ningún dos problemas actuais que ten Pontedeume, o eterno problema das administracións e a continua delapidación de presupostos publicos en obras que finalmente son inutiles e non responden as necesidades reais dos cidadans. Evidentemente antes de acometer as obras que pretender facer Educación, Costas e Fomento por separado habería que ter feito un estudo pormenorizado de todos os problemas e necesidades e facer un planeamento integral da solución para resolver os problemas que ten a vila doutra maneira estamos vendo que as famosas "inversions" van ser unha oportunidade perdida.

7 Comments:
Felicidades polo artigo, alguén que puxo un puco de cordura en todo este asunto, analiznado pros e contras.
Felicidaes.
Parabéns por o artigo e sobor de todo por o traballo que tiveches que levar, sin esquecer que por a súa explicación sinxela e comprensíbel, poderá chegar a todo o mundo.
Grazas. Unha aperta.
tamén coincido nos parabéns; só unha pequena reflexión, ao mellor os eumeses temos o que merecemos, xa que eiquí proxéctanse verdadeiras aberracións desde fora (e as veces desde dentro)e a vila só resposta co silencio.
coincido totalmente contigo no analise deste tema.o asunto do porto pode ser un punto de inflexion para ó cambio
Xa postos a encher, poderiamos cubrir toda a desembocadura do río; total, falamos dunhas ameixas. Isto permitiría unir Cabanas e Pontedeume cunha estrada de catro ou cinco carrís por banda, e a ponte podería ser peatonal. O río desembocaría por debaixo, a través dun tunel, e os domingos, como no Xallas, montariamos un espectáculo hidraúlico-lumínico. Desaparecido o porto, xa non habería problemas. Habería espazo de sobra para aparcar e incluso poderiamos crear solo urbanizábel. E as ameixas, de lata, que as do banco creo que van contaminadas.
Alegrome que éste tema se trate con certo cachondeo posto que po lo que vexo hai persoas que ainda non teñen claro o que se debe facer,sin embargo eu como moita xente penso que o que se lle quite o mar,éste cho vai cobrar,as probas me remito:inumdacions,e demais catástrofes

Publicar un comentario en la entrada
<< Home