SOSPECHOSOS HABITUALES
Como comentabamos na entrada do pasado 26 de decembro o Concello de Pontedeume concedeu licencia o 2 de novembro pasado para continuar as obras do edificio de Avda. Doctor Villanueva nº1, que con certas demolicions insignificantes vai quedar como estaba. Como tamen indicabamos daquela o informe favorable emitido pola aparellador municipal contraviña escandalosamente a normativa urbanística, e tamén expresabamos a nosa perplexidade sobre o feito que o encargado de emitir tal informe fose este técnico, coñecendo de sobras a falta de rigor nos seus informes e o mais grave, estando pendente de xuicio por prevaricación urbanística por emision anterior de informes contra norma.Pero si esto xa é sospeitoso, non é menos a actitude do Servizo Técnico de Asistencia a Municipios da Diputacion de A Coruña. Remontandonos ao orixe da licencia desta aberración urbanística alo polo xuño do 2004, parece ser que daquela a presentación deste proxecto xa levantara moita polémica no concello, e según as declaracións posteriores do BNG nun panfleto repartido en enero do 2006 (podedes velo na entrada do 9/12/06), afirmaban o seguinte:”na chamada “Casa de don Pablo”. Ante as dúbidas que a súa configuración xerou no Goberno Municipal, recorreuse a unha consulta xuridico-técnica de distintos profesionais, así como ao Servizo Técnico de Asistencia a Municipios. Todos eles determinaron que se estaba a cumprir cos parametros das normas de planeamento".
Este argumento o repetiron ata a saciedade dende o BNG para bendecir esta aberración urbanística e defender a pulcritude da sua actuación.
O mais curioso e que nunca foron quen de amosar o informe emitido polo Servizo Técnico de Asistencia a Municipios da Diputación de A Coruña, simplemente porque no existía tal informe, e o feito queda demostrado porque non está incorporado na documentación do expediente existente no Concello de Pontedeume.
Outra das intervencións curiosas deste “extrano” Servizo Técnico da Diputación, foi cando en xaneiro do 2006 o grupo da oposición eumesa COE dirixiu un escrito a este organismo solicitando o suposto informe favorable emitido sobre esta obra. A resposta non podia ser outra, “dirixanse ao seu concello”.
Pero si a intervención deste Servizo Técnico xa era sospeitosa, confirmase a finales do ano pasado cando despois de paralizada a obra da “Casa de don Pablo” por ilegal, a promotora presenta o veran pasado unha documentación contendo certas modificacions para obter nova licencia e continuar as obras. Aquí de novo aparece a intervención do Servicion Técnico da Diputación, esta vez parece ser que facendo o seu titular unha visita en persoa a dita obra conxuntamente con varios técnicos do concello e o concellal correspondente, según parece a resposta foi que “estaba todo correcto” e que se podia conceder dita licencia de continuación das obras, en base a esto e ao informe contra normas do aparellador municipal, o concello concede licencia para continuar as obras. Pero o mais curioso é que o Servizo Técnico seguía sin emitir informe por escrito de tales afirmaciones.
Ante a gravedade dos feitos Fusquenlla presenta alegacións ante o Concello de Pontedeume o 30 de novembro pasado, denunciando que a licencia concedida é nula de pleno dereito por contravir escandalosamente a normativa municipal. Ante esto o concello decide poñerse en contacto de novo co Servizo Técnico da Diputación para que envié o informe favorable que certificase o que xa de palabra este afirmou na visita a obra. O curioso é que a resposta foi que por escrito non se enviaría nada, polo tanto a sospeita e mais que fundada, e non e dificil chegar á conclusión de que algo raro hai neste servizo para o que de boquilla a obra é correcta pero se nega a deixar constancia por escrito.
A conclusión é clara, non hai que ser un xenio para deducir que neste asunto o Servizo Técnico da Diputación xogouña ao BNG no seu momento e agora de novo ao goberno actual do PP. Non sabemos que intereses ocultos hai dentras nin que conexións poden existir cos promotores ou o aparellador municipal, pero algo cheira neste oscuro asunto.
Dende logo algo sospeitoso pasa neste servizo, e o feito que o confirma é que si vedes mais abaixo a nova do 17/12/06, este Servizo Técnico emitira informe favorable para a construcción dunha vivenda en suelo rústico en Ombre, algo ilegal é polo que o fiscal ten imputados por prevaricación ao goberno anterior e ao aparellador municipal de Pontedeume.
Pero mais alo deste enredo de intereses, está o obra en cuestión, que a dia de hoxe esta rematando a parte de demolicións para comezar a reconstruir de novo practicamente o mesmo que antes. O goberno actual de Pontedeume ten a responsabilidade enriba de ter concedido unha nova licencia ilegal o pasado 2 de novembro, ten a obriga de responder as alegacións denunciadas por Fusquenlla, e ten a urxencia de facer cumplir a legalidade dunha vez, seria imperdonable unha nova neglixencia por parte do concello nesta obra, agora coñecen sobradamente de que vai cada quen, non caben excusas. E hora que o novo arquitecto municipal emita urxentemente un informe “claro” axustado á lei, e se faga cumplir esta dunha vez nesta oscura trama que levou ao levantamento desta aberración urbanística.

2 Comments:
A mín o que realmente me molesta de esta obra, é que un colectivo como este, esté poñendo trabas o promotor e non se den conta de que non só el sae perxudicado, senón que moitas familias que mercaron o seu piso, facendo un gran esforzo e falamos dunha grande cantidade de diñeiro para algúns, e que os mesmos veciños estén perxudicando os intereses de todos. Pensade un pouco nos demais, que vós tamén tedes moito que calar. Algo disto hai por Ventosa, non? Non só existen ilegalidades no pobo, tamén o redor. E para rematar, preguntar por qué non vos interesa o tema da casa do fillo de Sardiña que está na Praza das Virtudes. Iso si que é feísmo monumental, nunca mellor dito. Qué intereses tedes????
Non estou dacordo co comentario do anónimo anterior. Eu coido que si as normas lexislan, lexislan para todos, non en beneficio de unhos pocos e en detrimento dos demáis.
Aquí os "favorecidos" son sempre os mesmos e vai sendo hora de ponerlle freno á cousa.
Temos un casco histórico que cae a cachos, fixéronse auténticas barbaridades nel, tiráronse con fachadas magníficas.
Eu pregúntome,
¿que imos facer coa nosa vila? ¿que queremos dela?
¿canto tempo máis aguntaremos a ineptitud dos funcionarios e gobernantes?
¿qué podemos facer a máis de protestar?
Publicar un comentario en la entrada
<< Home