NOVA PARALIZACION DA OBRA DE CORREOS
Dende a concesión da nova licencia para continuar as obras o pasado 2 de novembro o Colectivo Fusquenlla estivo estudando a sua legalidade, presentado alegacións o pasado 30 de novembro. O concello de Pontedeume estivo comprobando ditas alegacións presentadas a esta nova licencia, chegando finalmente á conclusión de que o informe emitido polo aparellador municipal vulneraba en todos e cada un dos seus argumentos as normas subsidiarias de Pontedeume. Nesta situación o alcalde de Pontedeume Gabriel Torrente procedeu o pasado venres á suspensión da licencia concedia a esta obra e o envio ao xulgado para que este se pronuncié sobre a sua anulación, polo tanto se procede á paralización oficial das obras e á reapertura do expediente de reposición da legalidade.
Agora as cousas quedan bastante claras, a promotora nesta situación non ten mais remedio que axustarse á normativa urbanística de Pontedeume, xa esta ben de xogar ao gato e o ratón cos veciños e o concello de Pontedeume. A todas luces a obra sobrepasa escandalosamente o límite legal, chegando ao extremo de levantar unha edificación de sete plantas onde a normativa autoriza duas.
A partir de agora se abre un novo capitulo desta interminable história que permitiu levantar esta aberración urbanística, o goberno de Gabriel Torrente aposta claramente por facer cumplir a legalidade urbanística en Pontedeume, e unha das demostracións mais claras é a recente retirada de atribucións sobre licencias de obras maiores ao histórico aparellador municipal, relegandó a lincencias menores e poñendo á cabeza do servicio ao novo arquitecto municipal, titular da plaza dende o ano 2005 pero arrinconado pola anterior corporación. Agardemos que aqueles outros que reclamaban nas pasadas eleccións municipais "dale una oportunidad a Pontedeume" sean quen de concederlla, porque volver á liña do pasado sería un auténtico drama para a nosa vila.
Mais información en:

5 Comments:
Iba sendo moita hora de que o goberno deste concello puxera ao aparellador no seu sitio ainda que se tiveran o que hai que ter tamén o debían poñer nas mans da xustiza.
Tempo o tempo...
Parece que as cousas empezan a facerse seguindo a lei e non saltándoa como ata o momento.
Penso que se esta medida non é a excepción que confirma a regra, estase a dar un precedente que significa unha gran noticia para Pontedeume, pero dubido que ao final o goberno aguante a presión dos promotores.
Hai que mudar a maneira de pensar e darse conta que o goberno local ten que defender aos veciños, e non a promotores que so veñen a lucrarse, deixar o marron e logo desaparecen. Pero non nos enganemos si os veciños non somos os que esiximos ao goberno os nosos dereitos presionando sobremaneira non vamos a ver cambiar as cousas, finalmente o goberno entendera que ir polo camiño legal é mais rentable politica e socialmente que cobixar a ilegalidad como se estivo facendo durante decadas nesta vila.
Que finalmente o alcalde decidise "retirar" a Valiente e meter esto no xulgado pode ser o punto de inflexión.
ALGO ME INQUEDA, MANUEL VALIENTE, PROGASA 2000, JUAN CARLOS PEREZ CORDERO, ESTES NOMES SOAN CON DEMASEADA FRECUENCIA MEXTURADOS NA VILA
Publicar un comentario en la entrada
<< Home