Oposicions no Concello de Pontedeume
Despois de tanto lio polo tema das oposicións de persoal no concello de Pontedeume, finalmente saiu no BOP a convocatoria de Oferta de Emprego do 2008:http://www.dicoruna.es/bop/2008/03/27/08-3428-0.htm
En total 58 plazas, das que na actualidade están 40 ocupadas eventualmente por interinos.
Como se pode constatar claramente nesta oferta non hai referencia algunha a plazas libres, promoción interna nin nada polo estilo, polo que claramente vaise demostrando a que xoga cada quen neste concello, cada plaza irase convocando no seu momento cos requisitos particulais.
Para rebatir a suposta ilegalidade do criterio que se pretenden seguir nesta oferta de emprego, podemos ver como exemplo a plaza de interino convocada polo concello de Pontedeume no BOP A Coruña o 29 de Marzo:
http://www.dicoruna.es/bop/2008/03/29/08-3310-x.htm
Tratase dun concurso-oposición, e decir aberto a calqueira que cumpla cos requisitos mínimos, pasar o exame con temario de 20 temas puntuado entre 0 e 10 puntos e finalmente unha vez superado o exame se entraría a sumar os méritos por experiencia profesional, valorados de maneira importante, 1.2 puntos por ano traballado ate un máximo de 2+2 puntos. Polo que parece este tipo de criterio non se presenta tan ilegal como afirmaban os sindicatos e oposición estas semanas pasadas, tomando como exemplo esta convocatoria (neste caso temporal), se lles vai dar 4 puntos por pouco mais de 3 anos traballados para a administración ou empresa privada.
A sensación e que a oposición e os sindicatos o que pretenden no caso da oferta de emprego público é un exame exclusivo de promoción interna restrinxido para quen esta ocupando interinamente a plaza, o sea elexido a dedo, é decir seguindo co lema do anterior alcalde “no se da mas públicidad a las convocatorias para que no venga gente de fuera”.
A estudiar se ha dicho, o que queira unha plaza pública que hinque o codo, agora falta que as probas de selección sexan limpas e non estaría de mais a presenza no tribunal dalgún notario. Polo menos acabouse o negocio dos interinos "a dedo".

2 Comments:
A Estudiar logo.
A Oposición, Chachos and company cada vez se lles ve máis o plumeiro, xa non saben como facer para debilitar o grupo de goberno.
o plumeiro se che ve a tí,eres peor que zaplana
Publicar un comentario en la entrada
<< Home