Mais ordenes de demolición

De novo o xulgado anula unha licencia urbanística en Pontedeume, e unha vez mais na zona de Nogueirosa, esta vez, según comenta La Opinion, tratase da anulación da licencia de reparcelación urbanística e posterior licencia de construcción de duas viviendas unifamiliares en suelo rústico de protección costeira.
Según a nova as licencias tiveron informe técnico favorable do noso insigne aparellador municipal, agora apartado destas lides, pero o mais significativo, como xa coñeciamos, é que neste caso teñen informe desfavorable da secretaría do concello de Pontedeume, polo tanto a comisión de goberno que quedou recente exculpada dos cargos por prevaricación por outra licencia dunha vivenda en similares condicións pola eximente de que tiña informe favorable da secretaría do concello, podería agora neste caso verse imputada de novo por prevaricación ao conceder licencia a pesar do informe tecnico desfavorable da secretaria.
Os nomes dos membros da comisión que concedeu estas licencias son: Belarmino Freire, Agustín Vilariño, Manuel Allegue, Manuel Rei y Emilio Salorio.
Agora queda agardar ao seguinte paso do xulgado para aclarar todo este oscuro asunto que permitiu levantar toda esta cantidad de obras ilegais no noso concello.
O mais curioso é que ainda podemos ver como a día de hoxe se anuncia en Internet a venda dunha vivenda nesa zona, nin mais nin menos que pola módica cantidade de 557.120 € (95 millons das antigüas pesetas), eso que o alcalde anterior cansouse de afirmar que "no son para especular", evidentemente una moi pobre excusa ¿non si?.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home