A desesperación de Chacho
Hoxe podemos ler en La Opinion unha nova relacionada con este gran edil. Logo de levar o gran pau da sua vida nas ultimas eleccións agora no pode aguantar mais na oposición. http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008050700_2_188155__ACorunaMetro-Manuel-Agras-reclama-mocion-censura-responsabilidad-politica
Efectivamente, as pasadas eleccions foron un duro golpe para este incombustible da no-política eumesa, a perda de votos foi notable, estando moi cerca de perder a seu posto, pero para mal desta vila non foi así. En todo caso a actitude dende fai meses é a dun intento desesperado por voltar a mangonear a poltrona da vila, hai un par de meses representou unha das mais patéticas interpretacións nun dos plenos municipais, reclamando a dimisión do actual alcalde "antes de que lo echemos", recordabame aqueles anos de Aznar co seu "vayase sr Gonzalez, vayase".
É doado entender o porque de está desesperación, sixelo, logo de anos mangoneando o goberno local a pesar de non ter mais que un edil na sua formación, despois de tantos anos de favores, Chacho quitame o contenedor diante da porta, ponme un bolardo, pintame unha raia amarela diante da casa, agilizame esa licencia..., un concellal de guardia as 24 horas, pero agora se lle está escapando a gran oportunidade, por un lado o concello tramitando o novo plan de urbanismo e non ten capacidade de meter certos intereses, o goberno municipal anuncia unha oferta de emprego público por oposición que pode botar do concello aos enchufados (tan rentables nas campañas electorais, él mismo afirmaba fai pouco nun pleno que podía nomear polo menos a cinco enchufados, alucinante), quitaronlle as competencias de urbanismo ao seu gran amigo de Valentias, rematando así as licencias ilegais, e para colmo as grandes obras de Pontedeume, digamos Caldagueiro, edificio de correos, remodelación do porto, club firrete, onde tivo gran participación no seu "engrase" quedanse fora da lei.
Dende logo hai que recoñecer que ten que ser moi duro despois de tanta "gloria" quedarse apartado do mangoneo municipal, é duro quedarse sin manteca logo de tantos "esforzos", despois de regalar pulpo e pasteis nas eleccións, que menos que 20 miseros millons polo seu apoio, tanto a dereita como a ezquerda semellan sordos. Evidentemente esto pode levar a calqueira á desesperación.
Pero o mal de Pontedeume non é este edil, figura mais que coñecida, sinon quen ate agora estivo pactando a calquer prezo con él, polo momento tanto BNG como PSOE están á marxe das intencións de Chacho, para incrementar a sua desesperación, pero posiblemente mais por ordenes de arriba que por propia intención,(xa que o PSOE e o PP a nivel nacional teñen un pacto de non agresión), e quizás eso sexa o peor, que os saintes do goberno anterior despois do castigo que supuxeron as eleccions pasadas, cunha perda escandalosa de votos, ainda poidan albergar no fondo un posible pacto contra natura con tal de poñer de novo o cu na poltrona.
O tempo dirá, pero polo ben de Pontedeume, mellor que Chacho desespere de todo.

1 Comments:
ENHORABUENA por el articulo, se te
olvido nombrar en la desesperación de CHACHO a su nuevo alumno Fernado
S****, el tránsfuga de los 20 millones, también está desesperado.
Publicar un comentario en la entrada
<< Home