O concello de Pontedeume vai impoñer multas a Lagares
O concello de Pontedeume rexeita o proxecto de legalización presentado por Inmobiliaria Lagares. Según o arquitecto municipal o proxecto presenta alturas e cotas que non se axustan á realidade, non se incluen as ventanas dos semisotanos e tampouco inclue a partida correspondente a os costes de demolición. O informe conclue afirmando que "El proyecto presentado incumple las condiciones de uso y las de volumen e incumple la legalidad urbanística".En dous meses o concello vai comezar a poñer multas entre 1.000 e 10.000 euros mensuais a Inmobiliaria Lagares de non acometer as obras que se lle esixen.
Según esto parece que as cousas mudaron notablemente nesta vila, porque podemos decir que deixaron de funcionar as coladeiras en urbanismo.
Pero para explicar que esta pasando temos que remontarnos ao sucedido a finales do ano pasado coa outra salvaxada urbanística da vila, o edificio de Avd Dr. Villanueva nº 1, coñecido por Casa de D. Pablo ou edificio de correos. Neste caso a promotora presentaou o proxecto de legalización en agosto do ano pasado, un proxecto cheo de deficiencias onde se falseaba totalmente a realidade, por exemplo movianse os pilares da estructura executada para facelos entrar dentro das dimensions necesarias ou falseabanse a diferencia de cota entre ruas para poder facer mais plantas entre outras lindeces. Pero por aquel entonces o encargado do "urbanismo eumes" era o Valiente aparellador municipal, que non tivo gran problema en conceder de novo un informe favorable a tal burla, así a alcaldia co informe favorable mais a connivencia do técnico da Diputación encargado de botar unha man no chanchullo, concedeu a licencia, que posteriormente ante o informe emitido polo novo arquitecto municipal non tivo mais remedio que paralizar e enviar ao xulgado para proceder a sua anulación, proceso ainda pendiente.
Esta claro que Inmobiliaria Lagares pretendía facer a mesma xogada que en principio lle saira tan ben a Prograsa 2000 na obra de correos, presentar un proxecto que no se axusta á realidade, sabendo que o Valiente de turno o iba dar por bon, todo arranxado. ¿Cal é o problema? pois que o Valiente de turno foi destronado en Xaneiro pasado, porlo que se acabou o negocio. Agora o encargado do urbanismo eumes é o novo arquitecto municipal, e parece que non está disposto a comulgar con rodas de muiño.
Acabouse de momento o chanchullo, agora toca demoler tanto en Caldagueiro como en Correos hai que tirar todo o que se fixo ilegalmente. E agardemos que comencen axiña.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home