25.5.08

A Xunta obligará a rehabilitar os edificios

A futura lei de vivenda que está redactando a Xunta de Galicia ten entre outras a finalidade de obligar aos propietarios a manter os edificios en condicions de funcionalidade. Como xa se reflexa nas sucesivas versións da Ley do Suelo, a propiedade ten unha función social e xa existía un deber de conservación que ate agora de pouco serviu.
Parece ser que esta medida vai obligar, unha vez mais, á rehabilitación de casi 70.000 edificios en Galicia, por outro lado a lei tamén vai permitir a actualización das rentas históricas, outro dos factores que fan inviable para moitos propietarios con inquilinos afrontar ningún tipo de rehabilitación a menos que un se adiquen á filantropía.
Pero si esta nova non é mala, a cruz vai ser a de sempre, os encargados de velar polo cumplimento desta lei van ser os concellos, polo que casi temos asegurado que as cousas non van mudar moito, vista a pasividade destos e a inexorable destrucción dos cascos históricos. A Xunta velará nos casos de incumplimento das obligas por parte dos concellos, dende logo podemos afirmar que si é coa misma intensidade que no caso das ilegalidades urbanísticas vamos ben.
A nova lei pode chegar a expropiacións ou expropiacions temporais que se adicarán, unha vez rehabilitadas, a cubrir os gastos coas rentas de alugueiros, retornando aos propietarios en "perfecto uso" despois de compensadas as cuantías económicas. Podemos estar falando dun mundo perfecto, e dunha administración exemplar e capacitada, dende logo algo moi alonxado da realidade. Pero bueno que por intencions non quede. Mas papel, esto es la guerra.
Ver mais na Coz de Galicia: