8.6.08

O FISCAL DENUNCIA POR DELITO URBANÍSTICO A BELARMINO, REI E VILARIÑO.

Novamente a Fiscalía Superior de Galicia presenta no xulgado unha denuncia por suposta prevaricación na concesión dunha licencia urbanística en zona de protección costeira. Parece ser esta a continuación do culebrón que para Belarmino e comparsa parecia rematar o pasado marzo despois de que o xuiz os eximira de outra imputación por unha licencia similar. Agora trata o fiscal de que se investigue porque se concedeu unha segunda licencia para unha vivenda, esta vez presentado como vivienda vinculada a explotación hortofruticula, aprobada pola comisión de goberno encabezada por Belarmino entre finales do 2001 e principios do 2002. O fiscal tamén denuncia ao aparellador municipal Manuel Valiente por prevaricación pola concesión de informe favorable, a sabiendas da sua inxusticia.

Levamos anos denunciando esta mecánica de concesión de licencias fraudulentas no concello de Pontedeume, un suposto procedemento de cohecho dos gobernos anteriores para favorecer intereses amigos concedendo licenzas en suelo non edificable ou edificabilidades maiores as legais, sempre coa excusa de que non eran para especular ou baixo a bandeira do "progreso". O descaro chegou ao extremo de conceder segundas licencias a vivendas despois de que se coñecera que eran ilegais, e quizás ahí esta o mais grave do asunto, que se coñecia xa a ciencia certa que era ilegais, non cabe duda algunha, pero a maquinaria colaboraba e protexía continuamente as "actividades" do aparellador municipal de Pontedeume.

Estas son as primeiras denuncias da longa lista que esta por pasar polo xulgado, esta vez vai ser mais difícil que Belarmino, Rei, Vilariño e outros componentes da comisión de goberno se libren, a clave estará de novo en que non exista informe desfavorable da secretaria do concello. Sinon é esta vez xa caeran nas seguintes. A fiscalía esta levando unha clara estratexia, presentar primeiro os casos que no teñen informe desfavorable da secretaria dos que supostamente vanse librar doadamente das acusacions para logo con este precedente presentar os casos onde si hai informe desfavorable da secretaria e donde xa non vai haber dubida algunha, por exemplo o informe desfavorable emitido pola segregación e posterior construcción de duas vivendas en Casquido, Nogueirosa promovidas por Construeume, pese ao que ainda se concederon as correspondientes licencias.

Tempo ao tempo, todo é cuestión de agardar, namentras alguns poden seguir excusándose en supostas ambigüedades das leis e supostos informes favorables dun técnico que coñecian sobradamente que non voaba recto dende que entrou neste concello.
De todas maneiras eu me pregunto porque este aparellador municipal non foi suspendido de emprego e sueldo ate a resolución de todo estos casos, porque apartalo da concesión de novas licencias maiores foi un acerto incuestionable, pero permitirlle seguir cobrando do concello e mangoneando as licencias menores non é o castigo axeitado para tantos anos de descaro.

Ver mais en:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008060700_2_196732__ACorunaMetro-fiscal-denuncia-concesion-licencia-suelo-protegido