1.7.08

Contaminacion do Eume

Levamos meses lendo novas sobre as actividades en As Pontes e a mina de Endesa, xa se levantaron voces de técnicos cualificados sobre a aberración medioambiental que suponía o enchido da mina para a creación dun suposto lago artificial.

Parece ser que as consecuencias non tardaron en manifestarse, en primeiro lugar coa morte de centos de reos no rio Eume.

A explicación parece ser o incremento da acidez do PH na auga, que fai mais difícil a supervivencia dos peixes, o mal parece centrado na presa do Eume.

Os estudos de Medio Ambiente confirmaron que “la mortandad del reo se produjo en una zona en la que este tipo de peces cambian del agua salada a la dulce y que la especie se vio afectada por no estar aclimatada al alto nivel de acidez del río, como sucede, según la Consellería de Medio Ambiente, con otra fauna que habita en él y "a la que la bajada del PH no afectó".

Según parece vamos a chegar á conclusión que o problema é dos reos non do PH do Eume, a clásica actitude dos organismo oficiais cando tentan ocultar algo.

Pero é evidente que esto non fai mais que comenzar, o mais preocupante esta por vir, cando as filtracions de agua do novo lago arrastrando os depositos da mina cheguen masivamente ao Eume. Que vai pasar cos vecinos de Pontedeume que teñen que beber a auga do Eume porque inexplicablemente xa estamos en alerta de sequia.

A explicación entón tamén será que non estamos adaptados á acidez do PH. E ainda por enriba nos queren poñer unha celulosa en As Pontes

Ler mais en:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

O millor de todo e oir á xente de As Pontes decir que a fábrica da celulosa vai incrementar a temperatura da auga do río en tres graos e que iso é bo pa o río e os peixes. Recordo que cando se fixo a presa do Eume fíxose este mesmo comentario pero ó revés ¿qué é o que nos queren vender?.

Por outra banda quéixome dos presupostos municipais que manexa ese concello sin dispoñer un peso para aliviar o vertido de residuos ó río estando como estamos a día de hoxe que os que vivimos río abaixo papemos a merda toda que nos chimpán.

Xa está ben!

Se temos que cobrarlle a As Pontes un canon por contaminar cobrémosllo! Mentres non dispoñan das instalacións adecuadas que paguen e duro.

12:24  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home