2.8.08

Autopista sin peaxe

Tal e como comentamos en outras ocasións a estrada de circunvalación a Pontedeume xa esta feita dende hai anos, non é outra que a autopista, pero o abusivo da peaxe nunha zona moi deprimida económicamente como é a nosa esta facendo que o seu uso sexa moi restrinxido. Hai que recordar que o coste da peaxe é excesivo para unha via imprescindible para as comunicacións en Galicia. So temos que recordar os 0.65 € do tramo Fene-Cabanas ou os 15 € de Cabanas a Vigo, algo totalmente anacrónico cando a alternativa á autopista é unha estrada xeral convertida nunha sucesión de tramos de ruas limitadas a 50 km/h. Creo que pouca xente se plantexou ir de Pontedeume a Vigo pola estrada, pero creo que sin esaxerar debe facer falta todo o día.
Pero sin querer soñar coa liberalización total da autopista en Galicia, o que si parece que empeza a ter os primeiros movementos, mellor tarde que nunca, é a petición de liberalización entre Fene-Cabanas-Miño ou incluso Guisamo. Finalmente os concellos da zona se empezan a plantexar que é unha necesidade para mellorar as comunicación, ainda que alguns como o caso de Ferrol, incomprensiblemente parecen negar a realidade, quizás o tema dos cores políticos influan na maneira de ver as cousas.
Tamén en Pontedeume estos dias se está formando unha plataforma para a liberalización da peaxe formada polos partidos locais, asociacions de veciños e Fusquenlla, que pretende ser unha nova canle para informar e presionar de cara a conseguir algo tan necesario como un novo enlace da autopista no poligono de Vidreiro e a gratuidade dende Fene, o que sin dubida eliminaría as continuas retencións en Pontedeume.
Outros precendentes temos en Galicia como a liberalización parcial da Ponte de Rande, ou a de O Burgo en Coruña, pero sabemos que non foi algo inmediato senon fruto de anos de movilizacións, o importante é que os veciños sexan conscientes en que é un problema que afecta a todos e que é necesario o apoio de todos para conseguilo.

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2008/08/02/0003_7031156.htm