20.8.08

O xulgado anula a licencia do edificio de correos


Tal e como comentabamos na entrada do 26/02/08 o concello de Pontedeume despois de ser enganado de novo pola promotora desta obra e obter o novembro pasado una licencia fraudulenta para continuar as obras do numero 1 da Avda. Dr. Villanueva, optou en febreiro deste ano por abrir expediente de suspensión de dita licencia e traslado ao xulgado de Betanzos para que o xuiz procedese a sua anulación por contravir escandalosamente a normativa urbanística, sentencia de anulación que agora coñecemos e que revoca a licencia de continuación das obras por ser ilegais.

A situación actual é que a promotora presentou ante o concello unha documentación modificada para solicitar unha nova legalización das obras, e está pendiente de resposta por parte dos servicios urbanísticos do concello. Pese a que nesta situación carecen de licencia para continuar as obras, xa que por silencio adminstrativo non se poden obter licencias contrarias á lei, dende fai mais de tres semanas a constructora encargada das mesmas está a continuar os traballos nunha actitude de tirar para diante sin respetar a legalidade como xa nos ten acostumados dende fai mais de catro anos.

A promotora resistese a que unha vez vulnerada a primeira licencia e aberto o expediente de ilegalidade das obras, e imposible que se lle conceda de novo licencia para a aberración que tiñan planeado. Porque esta claro que o dereito a construir que da unha licencia se perde no momento en que a construcción non se axusta a tal licencia, e dende un primer momento a promotora entre outras lindeces falseou a altura entre a rua Porto e Avd. Villanueva indicando no proxecto mais altura que a real e desta maneira poder obter mais alturas para a edificación, polo tanto tan só con este "despiste", que hai mais, é suficiente para anular a concesión da licencia e non ter dereito a ningún tipo de indemnización, xa que existe dolo por quen presentou tal documentación.

Agardemos que a incorporación dunha nova arquitecta no servicio de urbanismo do concello sirva para axilizar e aclarar dunha vez o xigantesco desproposito que levou a conceder licencia para un edificio de baixo e sete plantas onde a normativa permite só baixo mais dous. Un dos exemplos mais claros do urbanismo salvaxe e depredador, que conxuntamente co edificio de Caldagueiro son a última triste herdanza dun aparellador municipal fora de control durante mais de trinta anos.

Arriba incluimos de novo o informe redactado polo arquitecto municipal de Pontedeume onde indica claramente que a obra incumple a normativa urbanística e dende logo as pretensións da promotora están moi lexos da legalidade urbanística.