9.1.09

Cada vez menos eumeses

Hoxe La Voz aporta datos sobre o censo real da nosa vila, 8561 censados no 2007, 74 menos que no ano 2006, o que evidencia que Pontedeume ten crecemento negativo, co dato mais negativo dus últimos anos.

Pero este crecemento negativo é mais significativo si comparamos coas cifras de 1989, onde o numero de censados chegaba a 8.731.

Estos datos ainda que se queran disfrazar coa excusa de que non todos os residentes están censados, deixan claro que a presión urbanística que sufría esta vila non correspondía cunha necesidade real de vivenda, e dende logo as previsións iniciais do PXOM de construcción de 900 vivendas por ano ata chegar a un total de 9000 novas vivendas en 10 anos non eran mais cunha fantasía na mente de políticos e promotores cegados pola avaricia. Vistos os datos incluso a previsión actual de 100 vivendas anuais parece esaxerada, sobre todo coa cantidade de vivendas desocupadas que existen, fenomeno non exclusivo de Pontedeume xa que fai poucos dias se desvelou o dato que so no concello de Ferrol hay mais de 1200 novas vivendas construidas dende o ano 1990 que están desocupadas.

En vista de estos datos, o que debe empezar a pensar este goberno (tanto autonómico como nacional) é en buscar unha solución para sacar ao mercado estas vivendas, sendo unha boa maneira a de facer dunha vez unha lei xusta de alquiler onde alugar unha vivenda non se convirta nunha actividad de ONG.

Ver mais en:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009010900_2_250183__ACorunaMetro-comarca-pierde-habitantes-mitad-Pontes

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

¿no se os ocurriría pensar, haciendo un esfuerzo intelectual,que mucha gente ha tenido que buscar piso fuera de Pontedeume?¿Por qué? Porque lo poco que aqui hay o es muy caro en relacion con otros concellos(debido a la poca oferta)o bien son pisos del año de la pera que además cuestan una pasta.
Si seguimos sin plan de urbanismo nos va a ir como el culo y mucha más gente tendrá que pirarse.
Cien viviendas al año no llegan para cubrir la demanda que hay, no digamos si hubiese alguna de protección autonómica.

03:53  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home