27.6.09

A dura realidade

Despois de estas ultimas semanas onde a oposición ao goberno local estivo mais activa do habitual, criticando, plantandose en varios plenos e plantexando a posibilidade dunha moción de censura resulta que a dura realidade segue ahí e volve como o turrón por nadal.
A dura realidade a constituen as novas peticións de información por parte do Xulgado de Betanzos nas causas abertas por suposto "delito urbanistico" de varias licencias ilegais concedidas polo goberno Belarmino Freire por aquel entonces alcalde da vila, para construir en terreos da zona de protección costeira en Nogueirosa, un total de oito licencias para construir cada unha sua vivenda unifamiliar en solo onde estaba totalmente prohibido tal uso.

Polo que parece o xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Número 2 de Betanzos despois de anular varias licencias fai varios meses agora solicita ao concello a identificación dos compoñentes da Comisión de Goberno que concedeu as licencias ilegais no ano 2001. Así o asegura o actual alcalde, Gabriel Torrente, nun comunicado enviado onte onde subraya a sua "preocupación por el hecho de que pueda" confirmase que se trata de un delito urbanístico, cometido, supuestamente, por la comisión de Gobierno vigente en 2001 y 2002.

Esta concesión de licenzas en chan rústico foi denunciada ante o xulgado pola Xunta e está sendo investigada unha por unha de forma individual. O fiscal denunciou o ano pasado a Belarmino Freire e ao resto da comisión de Goberno por un dos chalés, que xa foi derrubado e polo que se presentou unha reclamación de indemnización ante o Concello este mesmo mes.

O xuíz neste caso eximiu de responsabilidade a Belarmino e ao resto: o nacionalista Manuel Rei e os socialistas Manuel Allegue e Agustín Vilariño.

En setembro de 2007 o xulgado xa anulara as licenzas de obra doutros dous chalés. Ata o momento xa se derrubaron tres. Agora o xulgado investiga a concesión de licenzas a outros dous chalés do grupo de oito que se construíu nesta zona e pediu ao actual grupo de Goberno que informe dos nomes dos integrantes da comisión que outorgou as licenzas para iniciar o proceso.

Informes

O rexedor eumés explica no seu comunicado que as licenzas concedéronse nunha zona na que tanto a segregación e agrupación de leiras como a construción de vivendas estaba “terminantemente prohibida por lei”. Afirma que que o seguinte paso será “anular a licenza e proceder á demolición da obra tal e como xa ocorreu con outras tres anteriores”.
Gabriel Torrente destaca que as licenzas concedéronse “a pesar de contar cos informes desfavorables da secretaria municipal”, quen advertiu de que non era legal o que se quería aprobar. La Opinión

Por outra parte, Diario de Ferrol informaba hai uns dias de que un afectado pola orde de derribo solicitaba ao Concello unha indemnización de 400.000 euros.

O alcalde eumés, o popular Gabriel Torrente, di que un recurso presentado no principio do ano polo Concello a unha sentenza xudicial é, a día de hoxe, o único que actualmente xoga a favor do Concello no sentido de demorar a execución dunha derriba que pesa sobre as tres vivendas unifamiliares que, co tempo, quedou demostrado que son ilegais.

A irregularidade parte, como se recordará, da execución da obra en base a un acordo de Goberno local, o que agora pasou a denominarse Xunta de Goberno Local, cando se trataba de chan rústico e, ademais, estaba afectado pola Lei de Costas. É precisamente nestes aspectos nos que agora se basea o dono dunha das propiedades para reclamar das arcas municipais unha recompensa económica por pasar por alto matices urbanísticos que tiveron tan traumáticas consecuencias, sobre todo económicas.

O alcalde, á marxe de matizar que a mala praxe hai que situala no último mandato socialista á fronte da institución municipal, tamén pon de manifesto a súa intención de “chegar ata as últimas consecuencias, sen descartar ningún tipo de acto, para salvagardar os intereses do Concello”. Neste sentido, recalca que tamén é labor do alcalde “esixir explicacións de por que se concedeu unha licenza sen ter uns informes que avalasen devandita construción” e apunta que ao final serán os veciños os que teñan que pagar a irresponsabilidade dos anteriores mandatarios.

Por outra banda, Torrente anuncia que ten intención de “estudar toda a cadea de responsabilidades desde o momento da concesión das licenzas” e que, á marxe disto, tamén adianta que solicitará informes de Secretaría, Intervención e Urbanismo para que analicen os expedientes e coñecer así o alcance económico exacto da reclamación.

No mesmo xornal infórmase que desde o goberno actual xa se apunta que, ademais do anterior rexedor municipal, Belarmino Freire, formaban parte da citada comisión tanto o actual portavoz socialista, Agustín Vilariño, como o da formación frontista, Manuel Reo.

O asunto utilízase politicamente desde o momento no que o alcalde “popular” Gabriel Torrente laméntase de que “os grupos da oposición preocúpense de intoxicar e dificultar a xestión do grupo de goberno, cando, visto o que fixeron, deberían pagar do seu propio peto ou, como mínimo pedir perdón aos eumeses e retirarse da vilda política”.

Evidentemente tras a cortina de fume da oposición o que hai é unha auténtica herdanza envenedada do goberno anterior é a sua nefasta xestión.

Dende logo pase o que pase son un auténtico desproposito afirmacións como as que veñen da Voz de Galicia hoxe por parte de dous dos supostos imputados, afirmando «¡Qué casualidad que salga ahora este tema!», ironizaba ayer Agustín Vilariño, portavoz del PSOE, que acusó al gobierno de «poner el ventilador» con un caso que, asegura, carece de actualidad. «Tengo la conciencia muy tranquila porque se ha actuado dentro de la ley», añadió, asegurando que todas las licencias contaban con el preceptivo informe. Casi idénticas palabras emitía el portavoz del BNG, Manuel Rei. «É evidente que están utilizando isto politicamente. Confío na xustiza -continuó- porque se construir sete ou oito casas é delito urbanístico, que baixe Deus e o vexa».

Nos tamen confiamos na xusticia e agardamos desexosos que faga o seu cometido, porque hai moito polo que responder, e dende aqui solicitamos ao actual alcalde que estudie a cadena de responsabilidades e incluso se presente como acusación particular contra quen cometeu tales desmanes, porque en especial as explicacións de Rei son de tal descoñecemento da lexislación que espanta.

Según este criterio de Rei podemos dar sete ou oito novas licencias de vivendas unha enriba do Torreón, duas o tres tirando o mercado, outra en Sopazos, outra na Capela de Breamo, algunha en Caaveiro. Total: ¡si construir vivendas unifamiliares é delito, que baixe deus e o vexa!. Manda carallo, asi nos foi con esta xente no goberno local xa veremos en que queda esto porque por este camiño e grazas a estos talentos este concello vai quedar empeñado por moitas décadas.

Que poca vergoña hai para facer estas declaracions e mais para presentarse a estas alturas e con este Curriculum como alternativa xa non ten nome.
En canto á frase "tengo la conciencia tranquila" para que decir nada, se trata do estribillo tipico dos politicos deste pais cando os cazan coas mans metidas na masa.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Ahora vendrán los defensores de lo indefendible y te dirán que hablas del pasado para desviar la atención. Es curioso que no dimita nadie y es llamativo que planteen futuros gobiernos a los electores eumeses partiendo de personas con este historial.

15:27  
Anonymous Anónimo said...

¿pero es cierto que ya han derribado tres casas? ¿donde?

10:04  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home