Repaso do PXOM VI

É sorprendente como o PXOM e capaz de plantear toda unha sistemática de aliñacions retranquedas en solo urbano consolidado totalmente edificado, e logo esquece ensanchar ruas que forman tapóns urbanísticos notables.
Un dos casos mais notables é a Rua Picho, mentras na zona do principio se retranquea a edificación existente, na zona superior chegando á rua Fontenova onde realmente hai unha horta sin edificar cun cierre de pedra sin valor algún, resulta que non hai retranqueo cando a rúa ten escasos 2.5 metros, coa dificultade de cruzase un peón cun vehiculo.
É doado vendo a imaxe superior que a circulación pola nova rua de 10 metros que se proxecta por detrás do urbanizable URDR-2 vai quedar inexplicablemente estrangulada neste punto. Se debería plantexar un cambio na alineación para deixar unha rua polo menos de 8 metros de ancho e mellorar a calidade urbana da zona e producir unha futura circulación axeitada tal e como se indica en cor vermello na imaxe superior.
Unha demostración mais da falta de rigor deste plan, onde non se estudou nada sobre o terreo tendo en conta a topografía nin os problemas reais da vila. Un plan que necesita unha fonda revisión dende o inicio cun novo plantexamento adaptado as circunstancias reais.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home