14.10.11

Feismo universitario

A semana pasada se reflexionaba nos medios de comunicación do gran fracaso que ten a ser a Lei do Solo de Galicia do ano 2002, unha lei que nacía cunha intención clara que non era outra que a de tentar unha vez mais poñer orde no caos urbanístico de Galicia, logo de casi unha década e con tres reformas riba a desfeita continua, a solución outra lei, o resultado previsibel, mais papel para opositores.

Recentemente La Opinion nos informaba das actividades do exvicerrector de Infraestructuras da Universidade da Coruña o arquitecto Xosé Lois Martínez, quen se presentaba fachendoso co arquitecto Cesar Pórtela diente dun edificio levantado sobre un aparcamento dos terreos da Universidade da Coruña, un non podía quedar mas estupefacto lendo a nova e comprobando como se tiña construido o edifico sin licencia algunha, e como o vicerrector naquel intre pouco menos que se jactaba de ter feito o que tiña que facer, esto recordaba as verbas do alcalde de Barreiros “aquí ninguén incumpliu a lei....”.


O resultado da nova foi o cese do vicerrector, pero a cousa non queda ahí, hoxe podemos ver de novo en La Opinión que a práctica xa se repitiu antes, na construcción dunhas oficinas no parking que a universidade ten na Zapateira, tamén sen licencia, e polo pouco que deducimos do estado do planeamento a práctica parece habitual na Universidade da Coruña.


Según La Opinion, Martinez na sua defensa indicou: "Mi gestión se ajusta a las normas de comportamiento de la Universidad en su relación con el Ayuntamiento en cuanto al desarrollo del plan urbanístico", ao mesmo tempo que eludeu confirmar si se informou o non a Universidade de que eran necesarios permisos municipales para as obras.


O mais curioso é que este arquitecto é tamén profesor da Escola de Arquitectura da Coruña dende fai décadas, e paradoxicamente quen o ano pasado levantou unha gran polémica cun estudo que detectou entre 100 e 150 asentamentos de casetas construidas en propiedades privadas, ao marxen de calquera lei, para alquilar a estudantes. Según afirmaban “sería sorprendente que estas construcciones tenga siquiera licencia”.


Por aquela o hoxe exvicerrector apostillaba: “Las instituciones, empezando por las consellerías de Educación y Política Territorial, además de la propia universidad, no deben tolerar más estos procesos de degradación urbanística, y menos en un campus donde se supone que se educa", reclamó Xosé Lois Martínez”.


Unha vez mais unha cousa é predicar e outra dar exemplo. Parece que Martinez no seu celo por dotar á Universidade das instalacións non se parou ante a necesidade de cumplir a lei e solicitar licencias, e dende logo parece que foi mais tolerante cos procesos de degradación urbanística como exemplo o “chabolismo ilustrado” da imaxe superior. Quizás tamén habería que darlle o mesmo tratamento aos propietarios particulares que ante a inexistencia de residencia universitaria promoveron a construcción de aloxamentos ilegais, o fin xustifica os medios parece ser o que se educa no campus.


Parece que Martinez como profesor de arquitectos e especializado en urbanismo parece esquecer que construir sin licencia é un delito, e ademais grave cando se fai sobre espacios reservados para viais ou espazos públicos, a excusa de que xa están contindos en plans en redacción ou revisión non o libra de responsabilidade. Con estos exemplos que podemos agardar do resto dos cidadans que construen ilegalmente, según o exemplo de Martinez os chalets ilegais de Nogueirosa non son ilegais pois no seu intre estaban incluidos nunha recalificación de terreos que prevía un PXOM en tramite. Lamentable.


Unha vez mais confirmamos que o urbanismo no existe, e debe ser tan certo que nin os propios encargados de ensinalo o practican que podemos agardar do resto dos cidadans.


Eso si dentro duns meses aprobarán o PXOM da Coruña e todo será supostamente legal, pero quizás habería que recordarlles a quenes actuan de tal maneira que o delito teóricamente non queda impune, outra cousa é que teñamos xustiza neste pais.


Ver mais en: