A fiscalia interven na Universidade da Coruña

Foto: Gustavo Rivas (La Voz de Galicia)
Na anterior entrada falabamos da sistemática actividade ilegal na UDC, baseada na construcción sin licencias, de cambios de usos de aparcamentos e excavacions varias sin amparo algún da legalidade urbanística.
Dende logo o caso era escandaloso visto de lexos, e un exemplo claro de "o fin xustifica os medios" como máxima.
O Concello da Coruña xa anunciara dias atras que abriría expediente de ilegalidade das obras, pero agora é a Fiscalia a que anuncia a apertura de dilixencias por obras sen permiso na Universidade da Coruña.
A fiscalía vai mais aló e vai a investigar si as obras perpetradas durante anos foron consentidas polo Concello da Coruña, por eso vai solicitar todos os informes á oficina de urbanismo e senon teñen suficiente van solicitalos directamente á UDC.
Como indica hoxe La Voz de Galicia: "Entre la documentación que se requerirá estará una solicitud para conocer si las parcelas en las que se realizaron las distintas obras estaban clasificados como suelo urbanizable, porque si no es así, y los edificios llevan menos de tres años en pie, se tendría que formular una querella. Según se recoge en el artículo 319 del Código Penal, «se impondrán las penas de prisión de 6 meses a 3 años, multa de 12 a 24 meses e inhabilitación especial para profesión u oficio por tiempo de 6 meses a 3 años, a los promotores, constructores o técnicos directores que lleven a cabo una construcción no autorizada en suelos destinados a viales, zonas verdes, bienes de dominio público o lugares que tenga legal o administrativamente reconocidos su valor paisajístico, ecológico, artístico, histórico o cultural, o por los mismos motivos hayan sido considerados de especial protección».
Ademais as mesmas penas se contemplan para quen leve a cabo «una edificación no autorizable en suelo no urbanizable». Ademais, os xuices e tribunais tamén poderán «ordenar, a cargo del autor del hecho, la demolición de la obra, sen prexuicio das indemnizaciones debidas a terceiros de boa fe».
Neste caso so o edificio que presentaba fachendoso Martinez costou case catro millons de euros e agora podería recaer sobre o mesmo unha orde de demolición.
Esta claro que o asunto e feo, pero moi feo, e un mal exemplo para a sociedade, cando os encargados de velar pola educación son os primeiros en vulnerar a legalidade, asi nos vai, a elevación aos altares universitarios do "ti vai facendo" que podemos agardar xa neste pais de titiriteiros.
A ilegalidade das obras non so parece que se deba a ausencia de licencias, e a construir sobre terreos non urbanizable, senon como se pode ver na imaxe superior a construir sin respetar servidumbres como a ferroviaria, facendo un desmonte pegado as vias.
A sensación que da todo isto é que a alguén se lle foi indo das mans todo esto, por un lado a UDC facendo a vista gorda e por outro o concello disimulando cos cupóns da Once na solapa, evidentemente a politica sempre polo medio, o fin xustifica os medios ese é o lema dos nosos políticos. O resultado un chamado Campus Universitario caótico sin xeito nin dereito, unha auténtica chatarrería de volumes sin orde nin concerto totalmente desorganizada, dispersa, sin servizos e destrozando o territorio para peor exemplo da sociedade.
Ver mais en:
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/10/18/0003_201110H18C2991.htm

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home