6.10.11

O dereito a projresar por riba dos demais

Onte La Voz informaba sobre a reanudación das obras en Barreiros, prácticamente paralizadas dende 2007, cando o anterior Goberno da Xunta decidiu frear a desfeita urbanística que se estaba a cometer. As cifras eran escandalosas con 6000 vivendas visadas no ano 2006 nun municipio que apenas superaba os 3.000 habitantes.

O mais curioso é que todo este desarrollo urbanístico se estaba a facer sobre solo rústico e para mais en zonas de protección costeira, pero cobixado por unhas normas subsidiarias obsoletas que fixaban arbitrariamente como solo urbano o que eran leiras sen urbanizar, para pouco valeu que a lei de solo de Galicia anulara xa dende o 2002 tales calificacións, para os alcaldes locais a lei que vale era a do ladrillo, así se edificarón urbanizaciones sin accesos ni servicios de abastecimiento, saneamiento y suministro eléctrico, un caos total.

Os comentarios recentes do alcalde de Barreiros no deixan dubida do nivel cultural deste pais, frases como “temos dereito a projresar, e non ter que volver ás corredoiras”,  “neste momento hai que mimar ao inversor, e en Barreiros ninguén se saltou a lei”, “o  que se fixo con Barreiros foi inxusto, "Aquí só se permiten tres alturas e somos un concello fermoso para vivir». Catro perlas que non necesitan comentarios.

Esta claro que Barreiros é o exemplo claro de que os políticos non estan dispostos a facer cumplir as leis que eles mesmos aproban, a perpetuación do “ti vai facendo” a brutal escala onde en vez de sancionar aos infractores e restaurar a legalidade, se carga aos presupostos públicos a urbanización posterior dos terreos e a dotación de servizos con vinte millons de euros que se aforran os promotores. Un caso inaudito pero que deixa ben claro que nesta terra nunca mudaran as maneiras, o descredito dos politicos esta gañado a pulso non hai dubida algunha.

Ver mais en:

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2011/10/05/0003_201110G5P4993.htm