3.10.11

Repaso do PXOM VII


Agora imos falar dun caso mais das incongruencias deste PXOM, tratase da clasificación como solo urbano das fincas a ambos lados do arranque desta estrada dende o Barro a Breamo, dita clasificación non se axusta o contido do art. 11 e 12 da LOUGPMR, estas fincas deberían quedar clasificadas como solo rústico de protección paisaxística, xa que claramente o art. 11 indica “as vias perimetrais dos núcleos urbanos, as vias de comunicación entre núcleos, as estradas e as vías da concentración parcelaría non servirán de soporte para a clasificación como urbanos dos terreos adxacentes, agás cando estean integrados na malla urbana”, é neste caso non están integrados na mesma.

Unha auténtica barbaridade a construcción de vivendas unifamiliais cada 350 m2, sobre unha grade área, de forte pendente, o impacto visual vai ser notable, e en todo caso non existen servicios nin urbanización para soportar tales edificacións, nin proceso algún de execución integral de reparto de cargas e beneficios, según a ordenanza se prevé unha urbanización espontánea e esto non se axusta as directrices do urbanismo reglado. 

Dende logo non se entende que tipo de plan urbanístico se diseñou ao marxe das leis do solo, se marca unha gran bolsa de terreo con a única limitación de facer unha vivenda cada 350 m2, sin marcar viais, de que forma se obteran os viais necesarios, os servizos, quen vai financiar as beiraruas, os alcantarillados, alumeado público, os teremos que pagar todos os eumes para beneficio de quen destroza o territorio.

É inaudito, como se poden marcar o que é urbano ou non urbano con tal lixereza, sin pensar nas repercusións destas decisións e sin un estudo exhaustivo do territorio. O normal, como xa dixemos, é que estos terreos queden como rustico de protección paisaxística, e as construccions existentes pasen a estar fora de ordeación, o que supón que se poderán serguir usando pero non se poderan facer ampliacións nin novas edificacións.