Repaso do PXOM VIII


Imos recordar unha vez mais a salvaxe operación especulativa diseñada na rua Empedrado. Como xa dixemos varias veces directamente terreos que a propia memoria do PXOM califica como hortas sin urbanizar de repente se califican como Solo Urbano Consolidado dando unha edificabilidade brutal, diseñando un xigantesco bloque desviculado da trama urbana nin por escala nin por acceso á rua existente.
So temos que ver a imaxe superior e a terrible desproporción entre a trama urbana e o brutal tamaño do bloque totalmente alleo, so plantexado como un pelotazo urbanistico sin igual.
Pero si esto non fose suficientemente escandaloso imos agora a falar da bolsa de terreos entre a rua Empedrado e a Fontenova, resulta que o PXOM que marca todo, coloniza, urbaniza é chega a propoñer urbanizacións sin ruas nin servizos, deixa unha enorme bolsa de terreos entre estas ruas sin previsión algunha de desarrollo directo mediante o PXOM, o planeamente so deixa edificar cun fondo de 12 metros dende as ruras existentes e non regula nada o interior da gran area definida por estas duas ruas mais a rua Tafona.
Si vemos a segunda imaxe o desprosito se aprecia moi ben, non deixa dubida unha vez mais do “gran” PXOM redactado por Consultora.
O loxico é non diseñar ese enorme bloque alleo á trama urbana de Pontedeume e a sua escala, sinon que os terreos interiores entre Empedrado é Fontenova se deberían de urbanizar coa calificación axeitada, de modo que entre os multiples propietarios se fixesen ruas novas, servizos, zonas de aparcamento, parques a cambio de soares edificables, e baixo unha modulación axeitada, non grandes bloques, formando unha trama pechada que fose cosendo e formalizando unha gran mazá de transición entre a compacta trama urbana do casco histórico é os terreos rústicos.
A segunda imaxe superior sería un burdo croquis do que sería permitir por exemplo nun fondo de 25m dende as ruas existentes, facendo unhas ruas novas de acceso conectadas co Empedrado e Fontenova e deixando unha zona interior destinada a parque, aparcamentos, zonas deportivas. Se conseguiría ir pechando e escalonando o perfil da ladeira cunha edificación que certamente teña algo de espazos libres e dotada de servizos suficientes tanto para as novas edificacións como para as zonas perimetrales que carecen das mesmas.
Non hai que ser un gran xenio para darse conta que esta segunda solución nada ten que ver coa primeira do enorme bloque, esta sin dubida algunha é mais adaptada á escala da vila, serve para dotar de servizos as zonas existentes, aporta calidade de espazos. Entón ¿cal é o problema para no facer este tipo de solucións, son tan cortos en Consultora Galega?, a resposta é sinxela os terreos nos que se dispón o bloque son dun propietario ao máximo dous, o negocio é claro, xa dixemos que non dubidamos moito que o proxecto de execución dese bloque xa descanse en algunha oficina de proxectos listo para entregar no momento que o PXOM se aprobe. Nada que ver coa segúnda opción na que se chegue posiblemente ao centenar de propietarios é un promotor non pode entrar a saco pegandose o pelotazo é saindo a correr cos cartos, ademais de sacar unha edificabilidade que nada ten que ver coa do enorme bloque, moito maior, mismo porque no bloque se permite baixo mas tres plantas en nestos terreos baixo mais duas, amén de non deixar ningunha zona verde, servizo nin vial.
Ao final confirmamos unha vez mais o de sempre os PXOMs se redactan para negocio dos colegas non para resolver os problemas sociais é economicos dos habitantes das vilas.
Pontedeume non merece este PXOM.

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home