8.11.11

Einsa, cronica dun peche anunciado


Despois de anos cun tira e afloxa parece que a sorte da factoria de Einsa en Campolongo esta escrita, peche inminente parece ser a amenaza da dirección aos  empregados que non accedan ao traslado as Pontes perdendo categoria é parte do soldo, según informa hoxe La Opinion.

As cousas estaban moi claras desde o momento en que os propietarios da fabrica puxeron a vista na recalifacion dos terreos, as excusas de necesidade de mais terreos para ampliacións a poucos soaban a certas, mais unha táctica clara de legalización das instalacións actuais implantadas en solo rustico e o medio perfecto para ameazar con expropiacións as propiedades dos vecinos.

Non se podía agardar outro desenlace cando durante anos non se fixo outra cousa que ir despedindo empregados e sustituindós por emprego temporal das ETT, as inversións en maquinaria foron nulas, e a reducción da plantilla un obxetivo, a principios de ano pouco mais de oitenta traballadores agora se procede ao finiquito do resto.

Einsa Campolongo pasa a ser outra victima mais da crisis, descoñecemos si ese é o motivo principal ou se trata mais dunha victima de conveniencia, pero o cartel de pechado parece estar a punto de colgase na porta.

A pregunta agora é como poder ser que recentemente a Xunta concedera oito millons de euros a unha empresa que agora pecha en Campolongo, e por outra banda como vai quedar a recalificacion do PXOM nus terreos que agora xa van deixar de ser ocupados pola empresa, non habera que inmediatamente modificar o PXOM e retirar tal recalificación para a ampliación da fábrica. Porque dende logo xa non se cumpre a premisa de ampliar as instalacións e aumentar a plantilla a excusa para solicitar a recalificación dos terreos tanto actuais como perimetrais á fabrica, o concello de Pontedeume no seu momento que a recalificación do solo estaba vinculada á permanencia da empresa incluso ameazando coa retirada da modificación no PXOM. 

Moito nos tememos que o peche vai ser o inicio das actividades de desmantelamento é venda ao mellor postor de terreos recalificados con todas as da lei, eso si a lei do mais forte.

Ver mais en:

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/11/08/trabajadores-einsa-denuncian-traslado-forzoso-as-pontes/549095.html