28.11.11

Mentras "O Penso" non fago nada


Onte La Opinion informaba das ultimas novas sobre o edificio “ O Penso” de Cabanas. A estas alturas xa non queda ninguén que desconozca a historia deste despropósito que parte dunha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que declarou  nula a licencia no ano 1994, posto que o promotor en vez de construir un edificio de baixo mais duas plantas, aproveitando o desnivel do terreo construiu baixo mais cinco plantas mais baixo cuberta, algo similar ao que construiu Prograsa 2000 en Avda D. Villanueva nº 1 en Pontedeume, o chamado “edificio D. Pablo”, so que no caso de Pontedeume estamos a falar de baixo mas sete plantas, que tras o derribo parcial se quedou en baixo mais seis plantas. A diferenza é que neste caso a xustiza non foi chamada a participar no cachondeo, porque esto non ten outro nome que cachondeo.

Pero voltando a Cabanas, resulta que o TSXG urxe unha vez mais ao concello de Cabanas para que o 31 de decembro do 2011 teña rematadas as tarefas de derribo da parte ilegal do edificio, que según as contas a actuación esta valorada en 400.000 euros, de non cumprise as sancións se impondrá unha “multa coercitiva”.

Según comenta La Opinion: “Un auto de 11 de junio de 2009 del Alto Tribunal especifica que la ejecución de la sentencia se hará efectiva conforme a "un plan de etapas en el que se contemplen como fecha inicial de las obras el 15 de septiembre de 2008 y tres años máximo que se entiende procedente para la terminación de las obras"... La Administración local no ha cumplido con este plan de etapas, del que tenía obligación de informar de forma periódica al tribunal. No es ésta no es la única sentencia de derribo a la que se tendrá que enfrentar el Concello. Un fallo judicial emitido por el TSXG en 1996 sentencia que la primera fase del edificio O Penso incumple la normativa urbanística de Cabanas por lo que la Administración local deberá proceder a su demolición lo que, sumado a las indemnizaciones y el derribo de la segunda fase, ascenderán a 1.600.000 euros.”

O que está claro é que a xustiza non se cumple neste pais, mais ben non existe xa que a xustiza ten que ser rápida é obxetiva algo que se incumple descaradamente e ao que os indultos insultantes pouco axudan. No caso do Pidio van casi 18 anos dende a anulación da licenza e polo momento ninguén moveu un dedo para cumplir o ordeado, de pouco valeron as amezas de condena contra o alcalde si incumplia o ordeado. A verdade é que as ilegalidades urbanísticas seguén a ser tomadas como travesuras dos promotores, co lema de “ti vai facendo” non imos a ningures.

A pregunta final é a seguinte, ¿por qué non deixamos o edificio como está é se procesa aos culpables orixinais desta desfeita? o lóxico era que tanto o promotor desta obra, constructor, arquitecto e aparexador, técnico municipal e exalcaldesa, por non falar da comisión de goberno que concedeu este despropósito fosen procesados e pagasen coas penas de cadea contempladas no código penal para estos feitos. Porque persoalmente “penso” que castigando duramente aos culpables e dando exemplo se remataria con estas prácticas, non botando o cumplimento da xustiza sobre moitos propietarios ignorantes dos feitos e con hipotecas de por vida, e sobre o diñeiro dos contribuintes porque ao final as indemnizacións as pagaremos entre todos, esto non é serio.