18.11.11

Repaso do PXOM IX

O PXOM incumple as exigencias das Normas de Calidade Urbana da LOUGPMR.

De acordo co art. 48.5 da LOUGPMR: “O planeamento urbanístico deberá fixa-la altura máxima das edificacións en proporción ó ancho das vías e espacios libres, de modo que queden garantidas as mellores condicións posibles de soleamento e ventilación natural das vivendas”.

 

Non  se xustifica o cumplimento deste articulo, é mais non se regulan as alturas en función do ancho das ruas, so se indica na taboa 4.3.2 das ordenanzas a correspondencia entre alto e nº de plantas. Polo tanto casos onde unha altura de b+3(13 m) é válida para unha rúa de 12 m, é totalmente inadmisible idéntica regulación para unha rúa de 8 metros, e mais cando as alineacions reais da edificación actual están entre 4 e 6 metros, e non se van mover por arte de máxia porque o poña o PXOM, estas futuras aliñeacións son inviables nin en plazos de décadas. Non hai mais que ver a imaxe superior que é o que xenera en alturas de aplicar directamente norma e parametros.

 

A regulación debe tender a establecer uns mínimos de calidade ambiental basados na regulación alto-edificacion /ancho calle tendente a unha proporción de 1 a 1,2 mais si estamos a falar dunha vila como Pontedeume onde a mesma memoria informativa do PXOM indica: “...nos núcleos mais densos están dando paso a unhas tipoloxias urbanas de vivenda colectiva, de calidade variable no que atinxe os aspectos constructivos e mala no que fai a deseño e acaemento co medio, realizadas normalmente á marxe do planeamento, emoitos casos abandoadas ou baleiras, que veñen a confirmar a innecesaria improcedencia de modelos urbanos densos de ocupación de territorio, non asumibles ainda nun concello como Pontedeume”.

 

O propio PXOM afirma na memoria que esta clara a improcedencia de modelos urbanos densos de vivenda colectiva á escala dunha vila como Pontedeume, o impacto de tales edificacións e constatable nas poucas que foron surxindo nas ultimas décadas, aberración urbanísticas notables sin dubida algunha, pero a realidade é que o modelo que implanta é xusto o contrario, tipoloxias urbanas de grandes bloques metidos a presión nunha trama urbana de ruas estreitas.

 

En todo caso é inadmisible aumentar a edificabilidade existente en zonas urbanas consolidadas en base a futuriles de alineacions inviables a corto e medio plazo. Esto implica condenar aos veciños a vivir nunhas condicións de infravivienda en canto a ventilación natural, soleamento e iluminación natural das viviendas, esa é a cruda realidade e non valen excusas de mal pagador de que hai que facelo para o progreso, estamos fartos do progreso mal entendido, un progreso basado na construcción de imposición de bloques de vivenda que a mesma memoria do PXOM afirma como alleos á escala de Pontedeume.

 

Esta totalmente inxustificado o incremento “extra” de altura en ámbitos sin ordenación detallada, caso por exemplo do UNC-1, que permite sobrepasar excesivamente as alturas xenéricas fixadas, no caso de baixo+3 é alarmante xa que permite pasar de 13 a 14.5 m, si a esto sumamos a posibilidade de aumentar a altura nos extremos da fachada en edificios situados en pendente en outro 1.5 m, e a esto a posibilidade de formación de petos de ata 1 m, vemos claramente que existe un brutal aumento de alturas na edificación incompatible coa calidad ambiental do entorno.

 

A regulación da edificación en parcelas a ruas de diferente altura é moi deficiente, dada a “singular topografía” e as fortes pendientes existentes. A concesión dunha altura o cumio da cuberta de 4 metros sobre el ultimo forjado é excesiva, e totalmente inxustificable nos casos onde non se autorizan baixo cubertas, o impacto desta medida é brutal en parcelas en situación de rúas a diferente altura, como podemos ver na imaxe superior, a verdade é que os redactores do PXOM marcan uns parametros copiados de outros plans pero non se pararon a pensar a repercusión desto nunha vila en pendiente como é a nosa.

 

En todo caso a regulación de este tipo de parcelas con frente a ruas a diferente altura é escaso, sendo o caso mais habitual en Pontedeume, xa que con este tipo de sección debería ir acompañada unha aclaración sobre a forma de calcular a edificabilidade para evitar que as plantas baixo rasante do bloque con frente á rua superior sexan ocupados pola prolongación das vivendas do bloque baixo, fancendo plantas corridas e aumentando notablemente a edificabilidade.

 

A situación é doada de comprender é que dada a “singular topografía” de Pontedeume non se pode alegremente deixar todo esto sin apenas regular, porque o resultado final o modelo xa o temos construido e parece que ninguén esta disposto a revisar todas estas barbaridades contindas no PXOM.

 

Os voos de 40 cm permitidos nas cornisas dalgunhas zonas como U2 e U1, son excesivos xa que se suman ao propio voo das plantas altas da edificación, e non dependen do ancho da vía como si se indica no caso do voo das plantas altas, si a esto sumamos a posibilidade de formación de petos de hasta 1 m de alto leva a uns volumes brutais nas partes altas da edificación de estética deleznable e que van producir un serio oscurecemento das ruas mais estreitas.

 

O establecemento de alturas da edificación non pode ser xenérico para toda a vila, é improcedente permitir alturas en baixos de 4.5 m, cando as edificacións dos lados son históricas e teñen 3 metros de altura, a taboa 4.3.2 das ordenanzas debería só aplicarse nas zonas de ensanche, nas zonas do Casco Histórico e delimitación de Patrimonio Cultural e lindeiras deberían rexir as alturas existentes de 6, 9 ,12 e 15 metros para B+1, B+2, B+3 e B+4 respectivamente, ou como moito incrementar 50 cm eses valores. É moi importante para unha vila como Pontedeume buscar unha homoxeneización de alturas e evite a proliferación de medianeiras.

 

Esiximos unha reflexión xa non digamos “profunda” por parte dos redactores deste PXOM. ¿Onde está a sostenibilidade, respeto co entorno, integración, mellora de vida? esiximos un pouco de respeto aos veciños de Pontedeume. E dende logo por parte dos políticos eumeses que levanten a venda dos ollos porque ainda estamos a tempo de subsanar todo este monte de deficiencias e facer un plan urbanístico razoable e axustando as necesidades reais da vila e que sirva para mellorar as condicions de vida dos veciños non dos promotores, logo nos queixaremos pero a excusa será clara "este PXOM o fixeron os de antes....".