Fomento rexeita o PXOM
Parece que o Ministerio de Fomento rexeitou o PXOM por invadir a zona de protección da nacional 651 no paso por Pontedeume, algo que xa tiñamos claro visto os escasos retranqueos da edificación propostos no documento.
Polo que vemos os informes sectoriais ainda non estaban todos en orden, cando menos este de Fomento non cumpría cos mínimos exigidos pola lei de estradas.
Por outra banda según as novas de La Opinion o concello de Pontedeume está empezando a revisar as mais de 500 alegacions presentadas polos veciños a este desatino de plan.
Finalmente o concellal de infraestructuras afirma "Preparamos el camino a la espera de mejores tiempos económicos que permitan el desarrollo del plan general", quizás a frase debería ser imos facer un plan axeitado a un concello como Pontedeume que temos tempo e non aprobar unha desgracia que a pouco que se construa vai destrozar mais a vila, pero bueno sería moito pedir, a mentalidade do mal entendido "progreso" non hai quen a quite da cabeza dos políticos. Logo nos lamentaremos unha vez mais.
Ver mais en:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/12/13/fomento-rechaza-plan-general-area-proteccion-nacional-651/559906.html

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home