A nova sede do Firrete segue paralizada por ilegal

Hoxe La Opinion informa unha vez mais da situación ilegal de outra edificación en Pontedeume, como xa se sabía a construcción da nova sede do Firrete carece dos permisos necesarios para a sua construcción a beira das vias do ferrocarril.
Según a lexislación ferroviaria esta prohibido construir calquer tipo de obra nunha distancia de 50 m das vias, algo que parece que Portos e o concello ignoraron ao conceder a licencia de construcción.
Adif esixe a Portos que someta a licencia á legalidade, e polo que parece desprenderse da nova da prensa Portos ainda non remitiu a documentación a Adif polo que a visita de onte parece carecer de sentido algún, algo confirmado polo propio presidente de Portos que anunciou "que remitirá de novo a documentación para obter o permiso e poder así reanudar os traballos".
Deste anuncio se desprende que as cousas non son tan sinxelas visto que en sete meses pasados dende a paralización ainda non se enviaron as xustificacións pertinentes.
Unha vez mais neste pais sempre se confirma aquilo de "poñer o carro antes dos bois", porque un se pregunta como se pode facer unha inversión pública de 700.000 euros nun edificio que carece dos permisos pertinentes. Pero esto non é novo xa o poidemos comprobar no inicio das rotondas con pasos soterrados ou o inicio da pasarela do porto sin licencia de Patrimonio, o inicio das obras do colexio invadindo a zona de costas que obrigou a retranquear a cimentacion xa feita varios metros, o muro da Galera con mais altura do permitido e que vai quedar así, por non falar dos chaleciños de Boebre sin licencia de Costas, as costumes non mudan neste pais do "ti vai facendo", sempre hai unha boa excusa, neste caso a realidade é que o Firrete non ten sede pola neglixencia de alguén que proxectou e outros que permitiron un edificio mais cerca das vias do que legalmente debería estar. En fin si nun inicio se fixese a 50 metros das vias agora xa estaría rematado, ou si sinxelamente se acondicionasen correctamente os locais nos almacens xa nos poderíamos aforrar gran parte dos 700.000 euros, cafetería en concesión e con inmellorables vistas á ría incluida.
Ver mais:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/12/29/larga-espera-firrete/564676.html

0 Comments:
Publicar un comentario en la entrada
<< Home