5.12.11

Patrimonio autoriza o parking soterrado



Onte La Opinion informaba que Patrimonio daba luz verde ao proxecto de Portos para realizar un aparcamento subterráneo sobre os terreos do campo de futbol do centro de formación de hostería de Pontedeume.

A nova era agardada xa que a discutida utilización do campo de futbol durante estos ultimos veranos aparentemente dotou á vila dun servizo necesario, ainda que non serviu para aliviar a circulación de vehiculos polas ruas eumesas, so para que a xente aparcase mais cerca do centro. 

Analizando o proxecto parece que algunhas cousas ten positivas, por un lado recupera parte dos terreos baleiros secuestrados polo Hotel Eumesa, algo que parecia indigante a estas alturas, o disfrute particular dunha zona pública e mais sin aproveitamentamente algún como é o patio traseiro do hotel, ao mesmo tempo o proxecto vai comunicar peatonalmente o paseo marítimo con Ricardo Sanchez, e parece que vai dotar de algo de mobiliario urbano e unha pequena zona de xogos o que supón ter mais zonas abertas ao público. 

En canto ao propio campo de futbol parece que a solución vai dotar dunha instalación axeitada ao centro, visto o actual estado do patatal de terra. O impacto visual da construcción parece nulo xa que polo que parece a construcción so vai ser soterrada sin elementos en superficie mais que duas escaleiras de acceso, do impacto ambiental que decir si xa estamos nunha zona urbana.

Ata agora o que podemos considerar positivo, pero parece que hai claras eibas no proxecto, eibas que cando se quere vender un proxecto como este os responsables non deixan moi claras, por nomear:

1- Desaparencen 30 plazas de aparcamento en superficie diante do Tinos.
2- Desaparecen 12 plazas de aparcamiento para facer o carril de acceso ao parking e a entrada ao mesmo, e decir facemos 110 plazas a prezo de ouro para eliminar 42 existentes e gratuitas, por non falar das casi 70 plazas que desapareceron antes na reforma do porto, parece que vamos a facer o mesmo de sempre joder plazas en superficie para dar ganancia aos de pago.  Esto cheira ao de sempre, privatizar o público. 
3- Non se fai un estudo de viabilidade a fondo onde se contemple que os parking de pago en vilas pequenas pequenas non son tan empregados como nas cidades, a xente se resiste a pagar, e moito menos en longos periodos de tempo, o caso mais evidente é o fracaso do parking de Betanzos, que incluso en dias de feira ten a planta inferior baleira.
4- O proxecto ten un coste inicial de dous millons de euros, ¿como se vai plantexar a sua construcción e explotación? dende logo é inviable unha concesión dun aparcamento que so vai ter uso os sabados de feirón e nas festas, dificilmente se cubrirá o coste de electricidad, mantemento é persoal, ¿ao final vai ser o concello o encargado de pagar os costes de mantemento?.
5- O propio emplazamento do parking pegado ao mar pode plantexar problemas técnicos á larga.
6- O diseño con duas alas en fondo de saco teñen moi mala circulación, o que vai entorpecer moito as maniobras en momentos punta.

En fin o proxecto ten todas as papeletas para ser un fiasco económico, o precedente está en dous concursos feitos hai cousa de 20 anos en outras zonas e quedaron desertos, ninguén puxou por unhas instalaciones que non son rendibles. É lamentable que teñamos que repetir os mesmos erros que outras vilas cometeron fai décadas, eso si sempre dilapidando os cartos públicos.

A solución aos problemas do aparcamento de Pontedeume non son os soterrados de pago, a solución estaba na man dos nosos gobernantes, facer un PXOM axeitado que dotase de amplas zonas de aparcamento en superficie e gratuito, ao mesmo tempo que aparcamentos disuasorios para evitar a circulación de vehiculos polo casco. Pero non, ao contrario, o PXOM que temos ás portas de aprobar é un desastre, o que vai xerar á larga é mais densidade e mais problemas de aparcamento, parece que os nosos gobernantes son incapaces de ir a darse unha volta por Ares por exemplo para ver o que un urbanismo salvaxe fai nunha vila, so ladrillo sen lugar algun onde deixar un coche. Pero bueno xa seria moito pedir e mais cando se contratou para facer o PXOM á empresa supostamente “mais solvente” de Galicia, de pena que en este pais se confunda solvencia con tamaño das oficinas e medios técnicos, en duas palabras o touciño coa velocidade.