27.1.12

Inician as obras do mercado provisional



Por fin arrancan as obras do mercado provisional de Pontedeume coa adaptación de catro dos nove galpóns dos Almacens de Raxoi.

O prazo de execución é de seis meses, basado nun proxecto presupuestado nun principio en 360.000 euros que finalmente foi adxudicado por un importe de 283.000 euros, IVA incluido.

Este parece ser a materialización do primeiro paso da rehabilitación do actual mercado proxectado polo arquitecto Antonio Tenreiro en 1941 e cuias obras se iniciaron no ano 1952 riba dos restos do Pazo dos Andrade, pazo derribado paulatinamente entre os anos 1911 e 1935 a medida que se ampliaba a Plaza do Conde. Tratase este mercado dun edificio con lixeiros toques neocolonialistas como recorda o arco de entrada da fachada principal con guiños á arquitectura indiana, ainda que  básicamente se trata dun edificio do que se pode chamar “estilo postguerra” ou “estilo do réxime” época na que os arquitectos para non levantar sospeitas de falta de aliñación ao reximen franquista emplean nos seus proxectos trazas provintes do estilo imperial neoherreriano e as solucións históricistas, esto explica algo este estilo anodino moi habitual en todas as construccións da época, algo mais raro dentro da traxectoría profesional de Antonio Tenreiro un dos arquitectos que anteriormente introduxeran a arquitectura moderna en Galicia. 

No fondo o valor do actual mercado non é polo propio valor arquitéctonico do edificio, mais que escaso, o mais lóxico sería facelo desaperecer e facer desaparecer os restos do "réxime" agora que está tan de moda "La Memoria Histórica", escaso valor que contrasta co que si tiña o Pazo dos Andrades tristemente demolido. O edificio do mercado so se salva polo valor sentimental de formar parte da vida dos eumes nos últimos sesenta anos, algo que xa evitou a tentativa de demolición polo goberno municipal no ano 2003, nese caso posiblemente coa obscura idea de cedelo a unha cadena de hipermercados, evitado pola presión cidadana e a sua posterior catalogacion como Patrimonio Histórico. 

Actualmente o mercado está ocupado por: tres pescaderías, catro carnicerias, tres fruterias, dous charcuterias, unha floristería e unha cafetería. Estos parecen ser os espazos que se van a trasladar para os Almacens de Raxoi tan pronto se rematen as obras.

Agardemos que o alto custe desta decisión de mercado provisional permita afrontar unha rehabilitación axeitada do mercado actual, que polo momento parece que está algo parada dende a presentación da proposta de Mercasa aló polo xulio do 2009, veremos como se desarrolla a intervención xa que se trata dun dos lugares simbólicos da vila é que está bastante deteriorado polo conxunto posterior da ampliación da plaza mais o edificio da agraria.