3.1.12

Privatización do lixo eumes


 Unha vez mais o goberno local pon riba da mesa a privatización do servicio de recollida do lixo, no ano 2009 fixo o primer intento pero fracasou, en novembro de ese ano o goberno local do PP encagara un “pequeño informe ", según o que a recollida de residuos supoñía para as arcas municipais un desembolso anual de 700.000 euros, mentras que a través das tasas abonadas polos veciños o Concello solo conseguía recuperar 400.000 euros. Nin que decir que o propio “pequeño informe” costou 5600 euros. 

 Según as novas de prensa o equipo de goberno non levará directamente a pleno a aprobación da "externalización" do servicio, sinon que propón iniciar o expediente coa elaboración de estudos actualizados e pormenorizados para decidir que medidas adoptar. 

 Nesto último entendemos que ten que centrarse o goberno local, en estudar as eibas da recollida de lixo, o que non se entende é porque non se fixo nestos últimos catro anos cando xa nos gobernos do PSOE o sindicato USTG achacaba o deterioro na recollida do lixo «á nefasta xestión do goberno local de Pontedeume».

 Persoalmente entendo que o problema da recollida de lixo esta na falta dunha xestión eficaz, o que non implica coller o camiño mais doado para os responsables municipais que é o da privatización e así non ter a responsabilidade directa no servizo.

 Tanto PSOE como BNG y Grupo Pontedeume Siglo XXI opinan que a externalización non é a solución, sinon que hai que realizar melloras.

 O presidente da asociación “ A Vila” expón as suas dubidas: “Lo que no entiendo es por qué a una empresa pública no le sale rentable el servicio y sí a una privada".

 Sin entrar a fondo vemos que a situación é claramente caótica non hai mais que ver o amoreamento de lixo fora dos contendores, o problema non é so debido ao incivismo de moitos vecinos, que efectivamente si os hai moi porcos, pero a esos haberá que educalos ainda que sexa via multas como se fixo en outros concellos como na Coruña.

 Un dos principales problemas é algo tan elemental como a mesma falta de colectores de lixo, insuficientes en moitas zonas onde a densidade de vivendas esixe a colocación de mais contenedores, xa que dun día para outro dificilmente son capaces de recoller todo o volume de lixo, mais cando chega o fin de semana ou un festivo. Este amoreamento de bolsas fora dos contenedores aparte do problema estético e sanitario, fai perder moitisimo tempo aos empregados que teñen que ir metendo unha a unha as bolsas o que en todo o recorrido atrasa enormemente o servizo ao longo do día.

 Por non falar que hai amplas zonas onde non hai contenedores de vidro ou cartón, non é de recibo ter que recorrer media vila para facer reciclaxe, de feito os veciños non o fan vai todo directamente ao mesmo contenedor o que sin dubida aumenta o volume da recollida diaria.

 Outra cousa a siñalar é o abandono de algúns elementos danados, non é de recibo que pase tres meses roto un contendor e non se repoña, como pasa en casos.

 Tamén o tamaño do camión de lixo, o concello debería plantexar a compra dun camión de máxima capacidade para facer a recollida nas zonas mais accesibles, que evitase facer tantos desplazamientos ao vertedeiro, onde se perden duas horas de traballo por desplazamento.

 Otra das artistadas foron os contenedores soterrados colocados polo ultimo goberno Belarmino, a recoller por un camión grua, o que produce moita perda de tempo e falta de compactación no camión, por non buscar un modelo que se axustase á retirada convencional do camión compactador, por riba son totalmente inutis xa que finalmente estan rodeados de contenedores de superficie.

 Non falemos xa do reparto de contenedores, so hai que ver a foto superior un de lixo xeral por dous de plasticos, evidentemente o verde non chega nin de coña para toda esa urbanización da estación, en outras zonas non hai amarelos, en fin ¿se recollen en distinto camion o contido dos verdes e dos amarelos, ou finalmente vai todo ao mesmo?.

 Quizás aumentando o numero de contenedores e establecendo unha ordenanza clara sobre as horas e días de recollida se mellorase moito evitando a imaxe de lixo amoreado nas ruas. 

 Outro gasto importante esta no punto limpo, o coste é alto e habería que controlar moi ben xa que moitas empresiñas de reformas da zona están levando moito volume de residuos que deberían de costear elas e non o concello, esto ao longo do ano supón moito gasto.

 Porque non plantexarse poñer publicidade nos contenedores ou nos camions do lixo, poderiase ingresar algo por esta taxa.

 Por último porque non poñer con letras ben grandes no exterior do contenedores para que é cada un, porque coa cor segue habendo moitisima xente que non se aclara e non separa adecuadamente, mais cando nesta vila non hai un modelo exacto de contenedor para cada cousa o que complica ainda mais a recollida. Por que non facer unha campaña de tripticos polas casas informando de para que cada contenedor, que hai que reciclar en cada un, cales son os horarios de recollida e que dias se recolle cada tipo de contenedor, esto por certo non o vin nunca neste concello, logo nos queixamos.

 En fin parece que algo hai que traballar porque o servizo está moi mal regulado e os culpables están no concello, non buscar noutro sitio, algo debería de facer o concellal de servizos en dedicación exclusiva e 30.000 euros de soldo anual, mais que pedir informes a prezo de ouro e propor a externalización. Dende logo a privatización non vai ser a panacea, por un lado porque é imposible que unha emprea privada vaia costear un servizo teóricamente deficiente sin subir os recibos. A experiencia en outras vilas galegas é clara, o caso de Redondela por exemplo o recibo do lixo subeu casi o triple despois da privatización, e se incumpliron pola empresa concesionaria os acordos de limpeza de contendores, recollida separativa de lixo, condicions dos peons.

 En xeral as privatizacións soen ser a maneira de sacarse de riba os problemas por parte dos gobernantes, non tendo que afrontar directamente as queixas do vecinos, ao mesmo tempo os concellos soen ser moi xeneroso coas empresas concesionarias dos servizos privatizados, por poñer un exemplo, en Pontedeume todos pagamos a Aquagest, consumamos ou non, 35 metros cúbicos de auga potable ao mes, e non se vixilan os acordos de reposición de material ou reinversión de parte dos beneficios, por non falar da depuradora que ninguén controla, co tempo a xestión é a mesma ou empeora pero os recibos suben notablemente, ainda que de entrada como en Pontedeume se afirme que non vai supoñer un aumento do recibo.

 No caso de Pontedeume ao final vai sair mais caro que antes xa que sin dubida o concello vai ter que cargar cos actuais traballadores, xa que tal e como afirma Otero el precio calculado si se opta por la "gestión indirecta" incluye el traslado de la plantilla municipal afectada a la empresa que se encargue del servicio "en las mismas condiciones", aunque hay la opción de moverlos a alguna de las plazas que hay vacantes en el Ayuntamiento”, finalmente este será o camiño para todos porque está claro que a empresa concesionaria é imposible que asuma coas actuais abultadas cargas salariais dos empregados municipais. Como mínimo o concello vai privatizar a recollida e limpeza dos contenedores e seguirá cargando cos empregados actuais desviados a barrer ruas ou facer bulto en algunha esquina do concello, o coste final mais alto sin dubida por moito que se maquillen as contas, para os veciños á larga mais a pagar por recibo dunha ou outra manera.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

En Pontedeume la empresa Urbaser es la que está recogiendo el vidrio, a saber cuanto esta cobrando ya por ello.

12:02  

Publicar un comentario en la entrada

<< Home